banner web pre narr xIII

Turismo

Se buscas natureza en estado puro, espazos máxicos e protexidos, boa gastronomía, xentes amables, patrimonio e historia, o municipio de Curtis é o teu destino. Aquí tes algunhas razóns para namorarte:

  • Poderás perderte na beleza dos nosos carreiros, rodeados de suxestivos bosques autóctonos galegos, e descubrir as mil lendas que os envolven.

  • Sentirás o mundo de maneira diferente desde o Monte Enxameado, desde o seu miradoiro natural a seiscentos metros de altitude.

  • Atoparaste na beleza da arquitectura civil e relixiosa, nas súas numerosas igrexas e ermidas, moitas do século X, que acompañan á historia deste municipio.

  • Mergullaraste no pasado, e descubrirás parte da historia galega a través do Camiño de Santiago que atravesa o noso territorio, ou que importantes figuras como San Pedro de Mezonzo naceron nestas terras.

  • Sorprenderaste ao descubrir que a tranquilidade é toda unha experiencia, e acharala no noso municipio, na amabilidade das súas xentes e da súa contorna.

  • Saborearás a nosa gastronomía, os nosos produtos autóctonos e agradecerás as mans sabias dos nosos cociñeiros para preparalos.

  • Gozarás das nosas festas, durante todo o ano, parroquiais, gastronómicas, temáticas, estivais... Non será por variedade.

  • Vivirás os nosos mercados tradicionais, cheos de cor e bos produtos.

    Pero o importante deste destino é que sempre atoparás unha boa razón para volver.

En la web www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso Mas información.