Curtis, a 20 de xaneiro de 2025
No DOG núm.11 do 17 de xaneiro de 2025 publícase a Orde de 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027 e se procede a súa convocatoria para o ano 2025, destacando:
Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. Persoas que causen alta por cuenta propia entre o 1 de outubro 2024 e o 30 de setembro do 2025, sendo demandante de emprego no que realizou a alta.
Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma que non tivo éxito no seu anterior intento.
Programa III: Bono a las personas trabajadoras autónomas (TR341Q) destinado a apoyar la consolidación de proyectos que superaron los 42 meses de vida, con el objeto de mejorar su competitividad.
Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional. Este programa ten como finalidade evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a continuación dun negocio xa viable económicamente. O Bono remuda subvenciona o prezo, sen IVA, estipulado no contrato de remuda, dun negocio ou actividade con domicilio social e fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que previamente estivera inscrito na Bolsa de remuda da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego (se exceptúa deste requisito os negocios que foran obxecto de remuda antes da publicación desta orden no Diario Oficial de Galicia).
O porcentaxe do prezo do contrato a subvencionar varía do 75% ou 70% do prezo do contrato de remuda. No caso de que a persoa beneficiaria da axuda acceda á remuda mediante o alugueiro do local e/ou medios produtivos, o importe a percibir será o correspondente aos primeiros 18 meses de alugueiro.
Para ser subvencionable o gasto deberá estar realizado e pagado no período comprendido entre o 31 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, salvo nos casos de acceso a remuda mediante o alugueiro do local e/ou medios produtivos.
Pola súa parte, as persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio, percibirán un importe de 6.000 euros ou 3.000 euros.
Neste senso informamos que na web de Polos de Emprendemento e apoio ao Emprego publícase de forma regular unha bolsa de relevo de negocios enfocado a poñer en contacto a quen vende ou aluga a súa empresa, con persoas interesadas en facerse cargo da mesma. Trátase dun escaparate de negocios minoristas dispoñibles para aquelas persoas que buscan iniciar un proxecto empresarial consolidado e viable, reducindo os riscos de iniciar un novo negocio.
Pódese consultar a Bolsa de relevo de negocios no seguinte enlace: https://es.polosemprendemento.gal/projects?is_project_transmission=true&municipe_id=&name=&project_transmssion_public=true&province_id=36&sie_code_id=&submit=submit
Programa V: Ayudas a la conciliación de las personas trabajadoras autónomas (TR341R).
A Rede de polos de apoio ao emprendemento e ao emprego ofrece apoio para asesorar, axilizar e facilitar os procesos de transmisión de empresas establecidas no territorio galego.