EXAME BANER HORIZONTAL

AYUDAS PROMOCIÓN DEL EMPLEO AUTÓNOMO 2024

LIÑAS DE AXUDA: 

LIÑA 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma. (MÍNIMO 2.000 €, MÁXIMO 7.000 €)

LIÑA 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

PRAZO: Dende o 16/01/2024 ata o 30/09/2024

Enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&langId=es_ES&codtram=TR341D

 

AXUDAS PEL 2024 PARA EMPRENDEDORES/AS E EMPRESARIOS/AS

A Deputación da Coruña, no marco do Plan de Emprego Local, ven de convocar as axudas PEL relativas á anualidade 2024:

· PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e o fortalecemento do tecido empresarial dos concellos de menos de 10.000 habitantes a a través do apoio ao investimento en bens inventariables.

· PEL-AUTÓNOM@S: Axudas ao fomento do emprendemento e ao traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.

· PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.

· PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas de concellos de menos de 20.000 habitantes.

As bases das axudas PEL 2024 poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia núm.11 do 15 de xaneiro de 2024 ou premendo na seguinte ligazón::

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=15/01/2024

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde as 8.00 horas de 22 de xaneiro de 2024 ata as 14.00 horas do 22 de febreiro de 2024.

As solicitudes, unha vez aberto o prazo, presentaranse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/

Lembrámoslle que na web do Plan de Emprego Local pode consultar a información actualizada das axudas PEL 2024, así como o documento preguntas frecuentes referido ás bases. Aquí

Máis información: Servizo de orientación laboral 981789003 Ext.2037

Programa fomento do cooperativismo en sectores estratéxicos

"Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos" é un programa da Unión de Cooperativas EspazoCoop, cuxa liña de traballo é impulsar, acompañar e apoiar a creación de novas empresas cooperativas en sectores e actividades económicas estratéxicas en Galicia e para novas necesidades comunitarias.

EspazoCoop elaborou o pasado ano unha colección de Plans Estratéxicos nos ámbitos da economía circular, novo rural, cohousing, coworking, coidados, e cultura. Partindo deste traballo, continúa, a través deste programa, coa activación de procesos que estimulen o uso do modelo cooperativo para construír proxectos.

Neste contexto, a Unión celebrará o día 3 de outubro de 2023 un dos Encontros previstos que se enfocará no Sector Novo Rural e será en formato virtual.

Encontros Sectoriais Estratéxicos
Novo Rural
Martes 3 de Outubro de 2023 | De 10 a 12 h. | Online

Máis información: Aquí

 

CONCURSO "EMPRENDE – INNOVA – COMPARTE" 2023 GALICIA

27 de abril de 2023

Desde Vives Emprende – Economía con Impacto Social (Acción Contra el Hambre) lanzan el concurso "EMPRENDE – INNOVA – COMPARTE" para promover el emprendimiento en Galicia, que culminará el próximo jueves 11 de mayo con un Evento en el que se compartirán las diferentes experiencias en formato concurso con premios valorados en más de 3.000€ así como un espacio de networking entre todas las personas asistentes. 

CONCURSO

Para participar en el concurso, así como la plantilla para presentar tu modelo de negocio, la puedes solicitar a los contactos que te aparecen a continuación.

Además han programado tres sesiones online (Teams) para resolver dudas sobre el evento y participación en el concurso:

Viernes 28 de abril de 12:00 a 13:00 horas

Martes 2 de mayo de 12:00 a 13:00 horas

Miércoles 3 de mayo de 12:00 a 13:00 horas

EVENTO

El evento se llevará a cabo el jueves 11 de mayo de 9:30 a 14:30 en la Ciudad de la Cultura (Santiago de Compostela). Además del desarrollo del concurso y entrega de premios también disfrutaremos de un café networking en el que poder conversar relajadamente y tejer nuevos lazos emprendedores (adjuntamos programa).

Inscripción: 

https://forms.office.com/e/ATDbZzSjps

Contacto:

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

AXUDAS PARA NOVAS PERSOAS AGRICULTORAS, INVESTIMENTO EN EXPLOTACIÓNS AGRARIAS E CREACIÓN DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

PRAZO SOLICITUDE: FIN 27 DE FEBREIRO DE 2023
AXUDAS Á INCORPORACIÓN DE MOZOS Á ACTIVIDADE AGRARIA (MR404A)
Persoas beneficiarias: Maior de 18 e menor de 40 anos e se instale nunha explotación agraria por primeira vez como xefa de dita explotación.
Modalidades:
a) Modalidade 1: acceso mediante titularidade exclusiva dunha explotación preexistente ou de nova creación.
b) Modalidade 2: acceso mediante cotitularidade dunha explotación agraria.
c) Modalidade 3: integración como persoa socia nunha entidade asociativa, preexistente ou de nova constitución.
d) Modalidade 4: acceso mediante titularidade compartida da explotación.
e) Modalidade 5: acceso cando, sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supere o 20% da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.
f) Modalidade 6: acceso cando, sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.

Contía: A axuda concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa contía básica, calculada de acordo cunha estimación dos custos da Seguridade Social da persoa moza durante os cinco anos de permanencia mínima na actividade agraria, establecida en 25.000 euros, e poderá incrementarse segundo as situacións recollidas, sen que a axuda total supere os 70.000 €.

AXUDAS PARA INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS (MR405A)
Persoas beneficiarias:
Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias. Persoas agricultoras mozas que se instalen nunha explotación de nova creación.
Custos subvencionables:
a) Reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoñan unha redución de custos de produción ou un incremento na produtividade.
b)Custos xerais vinculados aos gastos recollidos anterioremente: honorarios de elaboración dos proxectos, os estudos de viabilidade, as licenzas de software e outros permisos.
c) Compra de construcións agrarias en desuso.
d) Plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros)
e) Compra de terreos que non formasen parte da explotación, por un valor inferior ao 10% do custo subvencionable.
f) Adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.
Contía: O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos diferentes criterios.

AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS (MR405B)
Persoas beneficiarias: Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias:
a) Ser titular dunha pequena explotación agraria inscrita, con polo menos unha antigüidade dun ano desde a data de publicación da orde, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Residir na comarca onde radique a explotación ou nunha comarca limítrofe. No caso de titularidade de persoas xurídicas, estas deberán ter o domicilio fiscal na comarca ou nunha comarca limítrofe.
c) Que o volume de traballo necesario para o mantemento da explotación sexa realizado polo titular da explotación, para o que será necesario que non realice outra actividade a tempo completo, ou que xustifique a contratación de, polo menos, a metade dunha unidade de traballo agrario.
d) Presentar un plan empresarial que mostre a viabilidade da iniciativa.
e) Non pode ter sido concesionaria por esta mesma axuda.
Contía: A axuda consistirá nunha prima de 15.000€, e concederase pola execución do plan empresarial, que terá unha duración de 18 meses desde a aprobación da axuda.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.