AXUDAS PARA A APICULTURA 2020
Curtis, 27 de maio de 2020
Hoxe día 27 de maio de 2020 publicouse a ORDE do 20 de maio de 2020 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
Máis información: Aquí
CICLO WEBINARS PAÍS. PRIMEIRO ENCONTRO: OPORTUNIDADES PARA AS EXPORTACIÓNS GALEGAS EN CHINA
22 de maio de 2020
A Xunta pon en marcha un ciclo de videoconferencias co obxectivo de afondar nas oportunidades para as exportacións galegas en China, México, USA, Marrocos, Perú, Reino Unido, Israel e India. Representantes das antenas empresariais do Igape e compañías galegas con implantación neses países informarán ás pemes participantes sobre os servizos dispoñibles e ofrecerán claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no exterior.
O primeiro dos encontros online do ciclo Webinars País terá lugar o mércores 27 de maio, a partir das 10h e estará centrado nas vendas galegas en China. Representantes das compañías galegas Gabadi e Finsa expoñerán os retos e oportunidades que este mercado ofrece no novo contexto económico provocado pola crise sanitaria mundial causada polo Covid-19. Na videoconferencia intervirán tamén representantes do ICEX, a Cámara de Comercio da Coruña e o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que avanzarán nas claves que poden definir o comercio co país asiático no actual escenario.
Programa: Aquí
Inscricións: Aquí
Máis información: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
MEDIDAS ECONÓMICAS COMERCIO, AUTÓNOMOS E PEMES
Dende a Xunta de Galicia invitámolo a participar no WEBINAR #SeguimosAdiante – Medidas económicas Comercio, autónomos e PEMES , que terá lugar o vindeiro luns, 25 de maio de 2020, ás 10:00h.
Participarán no evento:
· Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, D. Francisco José Conde López
· Directora Xeral de Comercio e Consumo, D.ª Sol María Vázquez Abeal
· Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, D. Ovidio Rodeiro Tato
Se quere participar deberá rexistrarse facendo clic no seguinte enlace: Aquí
SUBVENCIÓNS EMPRENDEDORES/AS E EMPRESARIOS/AS, ANUALIDADE 2020
- TR341Q Programa do Bono das persoas autónomas. Para autónomos cunha antigüedade de máis de 42 meses. A subvención máxima é de 3.000 euros e se financia o 80%. Prazo de solicitude do 04/02/2020 - 03/03/2020. Ver convocatoria: Aquí
- Axudas Deputación: (Prazo: Ata o 24 de marzo 2020). Ver convocatoria:Aquí
1) PEL Emprende Inversión: Para a realización de inversión en empresas que teñan unha antigüedade máxima de 5 anos e queiran realizar un investimento entre 3.500 – 25.000 euros. A porcentaxe máxima de concesión é do 70%.
2) PEL Pemes creación e ampliación. Para a contratación de persoal durante 12 meses. A porcentaxe máxima de concesión é do 70%.
3) PEL Pemes mantemento. Ampliación do periodo de contratación 12 meses máis ao persoal contratado con anterioridad a través da liña PEL Pemes creación e ampliación.
- TR341T Programa do Bono nova oportunidade das persoas autónomas. Para persoas que se deran de alta en autónomos entre o 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018 e cesaran a súa actividade por causas económicas. Ver convocatoria Aquí
- TR341S Programa do Bono Renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas. Axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese por ter 60 anos ou máis, o pola declaración de incapacidade total ou absoluta ou as persoas herdeiras no caso de falecemento do titular. Ver convocatoria: Aquí
- Axudas aos proxectos de investimento empresarial. O investimento deberá ser superior a 50.000 euros e inferior a 2.000.000 euros. Prazo: 04/02/2020 - 30/12/2020. Ver convocatoria: Aquí
- Promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedementos TR341D e TR349F). Ver convocatoria: Aquí
- Fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR807I e TR340E). Ver convocatoria: Aquí
- Axudas de acceso a crédito das pequenas e medianas empresas mediante convenio de colaboración con entidades de garantía recíproca. Ver convocatoria: Aquí