Curtis, 29 de maio de 2025
Hubs de Activación da Empregabilidade é un programa gratuíto de orientación laboral que impulsa a inserción laboral a través de técnicas innovadoras na empregabilidade e nas últimas tendencias no mercado laboral actual. A actividade comenza en xuño. Os seus participantes reuniranse varios días a semana en formato semipresencial.
Poden participar mulleres e homes en situación de desemprego, maiores de 18 anos, con calquera nivel de estudos (ESO, Formación Profesional, Bacherelato, Universidade, Master) e proceder de calquera sector profesional, con ou sen experiencia previa. As persoas participantes desenvolveran en equipo un plan integral de busca de emprego.
Terán acompañamento e asesoramento de especialistas en emprego, ferramentas dixitais e postos emerxentes, para lograr a sua inserción laboral. Para elo, realizarán dinámicas de intelixencia emocional para focalizar o su obxectivo profesional e actualizaranse para realizar unha busca de traballo mais eficaz, seguindo as últimas tendencias do mercado laboral.
Ademais, ofrece a oportunidade de realizar formacións técnicas en sectores con alta demanda: formación en instalacións fotovoltaicas para empregos en enerxías renovables; loxística, coa obtención de carnés oficiais; xestión administrativa, ou formación relacionada co sector comercio entre outros.
As persoas interesadas en participar dispoñen ata o día 16 de xuño para realizar a inscrición na web https://hubsempleabilidad.com/
Tamén poden contactar co equipo técnico: Nome: Marta García Caixa de correo: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Teléfono: 621 152 991