UV BANNER Curtis 2023 web

Curso de "Personal Branding". Universidade da Coruña.

A marca persoal, ou "Personal Branding", ten que ver cos valores que queremos proxectar tanto na vida persoal, como no traballo e na sociedade. Hoxe en día trátase dun asunto de vital importancia o contar coas ferramentas e coñecementos necesarios para construír, e deseñar, unha estratexia de comunicación efectiva que potencie a nosa imaxe de cara a consecución dos nosos obxectivos persoais e profesionais.

O longo do curso os asistentes aprenderán a desenrolar a súa propia folla de ruta para transcender en calquera ámbito no que compitan, de modo que poidan posicionarse de maneira efectiva na mente das persoas coas que están a interactuar constantemente.

Aprenderás

A marcar os teus obxectivos de crecemento persoal e profesional.

A ser consciente das túas debilidades e fortalezas, e a capacidade de análise do éxito na consecución das metas marcadas.

A deseñar un plan de marca persoal propio, baseado en métodos de análise, toma de decisións, proxección en redes sociais, posicionamento e habilidades comunicativas.

Datas

28 de marzo e 4,18 e 25 de abril, de 16:30 a 19:30.

Máis información: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.