CURSO DE "DOCENTE DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO".
En xaneiro de 2018 vaise iniciar no edificio de Usos Múltiples de Teixeiro (Curtis) o Curso conducente a obtención do certificado de profesionalidade de "Docencia para a formación profesional e o emprego" dirixido prioritariamente a persoas desempregadas menores de 30 anos.
¿Por qué debería realizar esta formación?
Existen profesionais de distintos sectores e ámbitos profesionais (perruqueiros/as, soldadores/as, carpinteiros/as, administrativos/as.....), que adquiriron unha formación e/ou experiencia desenvolvendo o seu traballo. Estes profesionais son persoas que poderían transmitir os seus coñecementos e experiencias a futuros prodesionais, pero na maioría dos casos descoñecen a función docente (metodoloxía e didáctica). Son profesionais, xeralmente, cun título FP ou universitario que mediante a acreditación dunha competencia docente poderían ser profesores acreditados na Formación Profesional para o Emprego.
Desta realidade xorde a necesidade de implementar unha formación que permita adquirir a competencia docente a estes profesionais, tanto desde o punto de vista legal, pois así o esixe a lei ,como desde o punto de vista competencial, pois así o esixe a metodoloxía europea das cualificacións.
Programación modular da acción formativa: Aquí
Para máis información contactar:
Orientación laboral do Concello de Curtis. Telf.: 981789003 Ext.2037