Cursos de linguaxe administrativa galega e CELGA: 1º cuadrimestre
A Resolución do 02 de agosto de 2019 (DOG do 20 de agosto) convoca, con carácter gratuíto, cursos nas EOI de Galicia presenciais e en-liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Os cursos realizaranse nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican na convocatoria. Prégase ler o texto completo da convocatoria e consultar os requisitos e a documentación requirida.
PRIMEIRO CUADRIMESTRE
Curso |
Horario |
Días |
Comezo das clases
|
Linguaxe admva. superior |
13:00-15:00 h |
Martes, xoves e venres |
(anunciarase) |
CELGA 2 |
11:00-13:00 h |
Martes, xoves e venres |
(anunciarase) |
CELGA 4 |
11:00-13:00 h |
Martes, xoves e venres |
(anunciarase) |
CELGA 4 |
13:00-15:00 h |
Martes, xoves e venres |
(anunciarase) |
Prazo e lugar de presentación de solicitudes:
Para os cursos do 1º cuadrimestre (outubro-xaneiro): solicitude de praza do 2 ao 11 de setembro en www.eoidigital.com/preinslinguagalega; sorteo de adxudicación o 13 de setembro (o día 14 de setembro poderase consultar na web de inscrición se foi admitido/a); inscrición e entrega de documentación dos solicitantes admitidos: do 16 ao 18 de setembro na secretaria da EOI.
As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e do teléfono 981 546 511. A realización do curso preparatorio CELGA non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas oficiais conducentes á obtención dos certificados de lingua galega, expedidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Máis información: DOG 20/08/19