UV BANNER Curtis 2023 web

PROGRAMA SON EXECUTIVA: ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE INSCRICIÓNS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria pon en marcha Son Executiva, un programa formativo de liderado, creatividade e empoderamento feminino.

Entre os meses de febreiro e xullo está previsto impartir formación combinada cun programa de coaching individualizado en sesións presenciais nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

O obxectivo é reforzar os coñecementos de xestión executiva para que as mulleres galegas poidan acceder a postos de alta dirección nas empresas e dar ferramentas ás participantes para potenciar o seu propio desenvolvemento cara a consecución das súas metas profesionais.

Consta de dous niveis formativos, segundo a experiencia e situación profesional das participantes e, en cada un, seleccionaranse 40 para acceder a un curso de dirección de proxectos con certificación oficial e con recoñecemento a nivel internacional.

Inscrición: Aquí

Máis información: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.