Numeracion Curtis logos

FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN COOPERATIVA. XORNADA ONLINE 27/7/22

O próximo 27 de xullo vaise realizar unha Xornada Online "Fomento do Emprendemento en Cooperativa", organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop no marco do convenio de colaboración  suscrito entre esta entidade e a Deputación da Coruña, para o fomento do emprendemento en cooperativa e consolidación de empresas creadas e cuxo obxectivo consiste en apoiar e promocionar o modelo cooperativo como fórmula de emprendemento laboral e de xeración e creación de riqueza mediante a posta en marcha de actividades económicas xunto coa creación de emprego estable.

Obxetivos da xornada:

  • Divulgar as potencialidades do cooperativismo para a posta en marcha de actividades empresariais e creación de emprego.
  • Detectar necesidades que favorezan o emprendemento en cooperativa.
  • Dar a coñecer boas prácticas de cooperativas, especificamente no Sector de Coidados.

Data e Horario: Mércores 27 de xullo de 2022, de 10.30 a 13.30 h., a través da plataforma Zoom.

Fai clic para realizar a inscrición: Aquí

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

Contacto para esta actividade: 687 324 784 – Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.