Numeracion Curtis logos

CURSOS DE LINGUA GALEGA 2023

10 de febreiro de 2023

No DOG de hoxe publícase a Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuito, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

O prazo de matrícula é do 13 de febreiro ao 3 de marzo e os cursos realizaranse do 20 de marzo ao 11 de maio, existindo na modalidade presencial e en liña. A súa duración é de 70 horas.

Matriculación en https://formacion-lingua.xunta.gal e máis información en www.lingua.gal

PREPARACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

Para que as persoas interesadas poidan prepararse en modo autoformación para superar as probas libres de competencias clave convocadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ponse á súa disposición, dentro do Campus Virtual de Emprego, os oito cursos relacionado co nivel 2 e o nivel 3 das competencias clave.

Máis detalles na seguinte ligazón: Aquí

Monitor/a de actividades de ocio e tempo libre en Sobrado

Scolé Escola de Tempo Libre organiza en Sobrado dos Monxes un curso de Monitor/a de actividades de ocio e tempo libre


Modalidade: Intensivo (130h.) + parte telemática (70h.)
Lugar: Abeiro da Loba. Aldea de Madelos 3, Carelle; Sobrado.
Datas:
Do 26 de decembro de 2022 ao 20 de febreiro
Do 26 ao 30 de decembro de 2022 (Intensivo presencial)
Do 2 ao 5 de xaneiro de 2023 (Intensivo presencial)
Do 6 de xaneiro ao 16 de febreiro (70 h. De formación telemática)
Do 17 ao 20 de febreiro (Intensivo presencial: módulo de campismo e peche do curso)

Máis información:
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
www.avada.gal
Teléfono 648 87 26 09
Instagram: @avada.gal
Facebook: /avada.gal

OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR EN MELIDE

OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR, certificado de profesionalidade de nivel 1.

Este curso ten unha duración de 300 horas e ten previsto o inicio o día 21/12/2022 en horario de 15:30-20:30 e así remataría o día 09/03/2023. Antes do remate, tería incluídas 80 horas prácticas en empresas.

Aínda que é prioritariamente para desempregados, tamén podería participar un empregado, sempre que o seu horario de traballo sexa compatible co horario do curso.

Os obxectivos do mesmo serían "Axudar no servizo e preparar e presentar bebidas sinxelas e comidas rápidas, executando e aplicando operacións, técnicas e regras básicas de manipulación, preparación e conservación de alimentos e bebidas".

As persoas interesadas poden contactar no teléfono 981598590 ou no mail Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. coa entidade formadora. 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.