LIDÉRAte: desenvolvemento persoal para o emprego e o emprendemento
Os obxectivos da inicitiva formativa son:
- Traballar no “marketing ou marca persoal” para o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
- Mellora da identidade persoal. Apoio para avaliar, entender e adaptarse ao mercado laboral, e lograr evidenciar o valor engadido de cada persoa.
- Apoio no descubrimento da vía para conseguir diferenciarse a partir das propias cualidades.
- Mellora das habilidades de comunicación.
Destinatarios/as: Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
Datas e lugar de realización: 29.05.18 de 10.00 a 13.00 horas, no Espazo Xove de Curtis.
Prazo de inscrición: Do 13 de abril ata o día anterior a realización da xornada no Espazo Xove
Inscrición: Mediante o envío de formulario electrónico. Aquí
A admisión será por rigorosa orde de inscrición. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.