UV BANNER Curtis 2023 web

PROBAS DE ACCESO AO FP DE GRAO MEDIO E SUPERIOR

As solicitudes deberán presentarse, en papel nun centro público de formación profesional (agás no Rodolfo Ucha Piñeiro), por correo ou ben pola aplicación dispoñible na páxina web www.edu.xunta.es/fp.

FP Medio: Prazo de inscrición: 12 ao 23 de marzo de 2018. 

FP Superior: Prazo de inscrición: 8 ao 23 de febreiro de 2018.

Máis información: Servizo de Orientación Laboral. 981789003 Ext.2037

CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS PARA AS PROBAS CELGA 1, 2, 3, 4

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou hoxe, día 6/02/18 a convocatoria para realizar os cursos gratuítos na modalidade presencial ou teleformación. 

Só se poderá solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. A programación dos cursos de teleformación é dos niveis Celga 1 e 4, a programación dos cursos presenciais ofertados son dos niveis Celga 2, 3 e 4. 

Prazo de solicitude: 20 días naturais desde o día seguinte ao da publicación no DOG. 

Máis información: Aquí

CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

O luns, 22 de xaneiro de 2018 publicouse no DOG Núm. 15 a cobvocatoria para a obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais en ofimática tras a realización dun curso de preparación na modalidade de teleformación. 

Prazo: 5 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. 

Nº prazas: 180

Duración da formación: 12 semanas. 190 horas lectivas. 

Datas de realización: 19 de febreiro ao 25 de maio de 2018. 

Solicitudes: 1º Alta como usuario na Rede Cemit e 2º Inscrición a través da súa páxina web. (cemit.xunta.gal)

 

FORMACIÓN AULA CEMIT DE BETANZOS

- Curso de trámites electrónicos, día 2/02/18 de 10.00 a 12.00 horas. 

- Curso de Búsca de emprego por internet e redes sociais, do 20 ao 22 de febreiro 2018 de 10.00 a 12.00 horas. 

- Curso para Elaboración o teu cv, 19/02/18 de 10.00 a 12.00 horas. 

- Curso de iniciación a la informática, do 26 de febreiro ao 1 de marzo de 2018 de 16.30 a 18.00 horas. 

Info e inscricións: Centro CEMIT de Betanzos. 981770011 ext.2401. Dirección: Emilio Romai nº1

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.