Banner XX Premio de rarracion curta

PROGRAMA DE INSERCIÓN LABORAL

- Cursos de alfabetización dixital. Inicio o 14.09.18 
- Curso de redes sociais e novas tecnoloxías.
- Taller de autoemprego.
- Taller de coaching e autoestima.
- Entrevistas persoais para a orientación laboral.
- Curso de elaboración de cv.

Lugar: Sala de ordenadores do Edificio Multiusos de Curtis.
Máis información: Concello de Curtis - 981789003

LIDÉRAte: desenvolvemento persoal para o emprego e o emprendemento

Os obxectivos da inicitiva formativa son:

- Traballar no “marketing ou marca persoal” para o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
- Mellora da identidade persoal. Apoio para avaliar, entender e adaptarse ao mercado laboral, e lograr evidenciar o valor engadido de cada persoa.
- Apoio no descubrimento da vía para conseguir diferenciarse a partir das propias cualidades.
- Mellora das habilidades de comunicación.

Destinatarios/as: Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
Datas e lugar de realización: 29.05.18 de 10.00 a 13.00 horas, no Espazo Xove de Curtis.

Prazo de inscrición: Do 13 de abril ata o día anterior a realización da xornada no Espazo Xove

Inscrición: Mediante o envío de formulario electrónico. Aquí

A admisión será por rigorosa orde de inscrición. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. 

PROGRAMA SOY EMPRENDED@R

O programa "Soy emprended@r” se leva a cabo nos concellos de Arzúa e Ordes. O programa consta das seguintes fases:

- Formación teórico-práctica, cunha duración de 50 horas onde se desenvolven competencias craves para xerar un cambio de comportamento dos mozos emprendedores, acompañadas por titorías individuais co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade mediante o emprendemento ou por conta allea.

- Plan específico de mentorización con expertos en diversas materias que axudarán ao participante a avanzar no proxecto empresarial e traballar a busca de emprego por conta allea.

- Elaboración e avaliación do plan de empresa ou de emprego de cada un dos mozos participantes.

Está dirixido a mozos menores de 30 anos rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.Todos aqueles participantes que completen as accións do proxecto recibirán unha Tablet como complemento da formación.

Data de comezo:

Arzúa: 23 de abril en horario de 15:30 a 20:30 (no edificio multiusos Terra do Queixo).
Ordes: 25 de abril en horario de 9 a 14 (no Museo do Traxe Juanjo Liñares).

Prazo de inscrición: Atopase aberto ata o día anterior ao comezo das accións: Arzúa: 22 de Abril Ordes: 24 de Abril

 

Máis información e inscrición:

Tel.: 988 39 15 15 - 665761939

www.soyemprendedorgalicia.es

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

PROBAS OFICIAIS CELGA 2018

Convocadas as probas para obter o Celga mediante a resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018

Datas de realización das probas: 

Celga 4: 26 de maio de 2018.
Celga 2: 27 de maio de 2018.
Celga 3: 2 de xuño de 2018.
Celga 1: 3 de xuño de 2018.

Prazo de inscrición: ata o 13/04/18

Máis información: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.