Banner XX Premio de rarracion curta

CURSOS GRATUITOS PARA PERSOAS TRABALLADORAS

A formación dirixida a traballadores en activo está subvencionada o 100% polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e se vai impartir na modalidade online. No catálogo dos cursos podes atopar formación para os seguintes oficios:

Ensinanza privada, Educación Infantil, Oficinas e despachos, Consultoría, Sociosanitarios, Sanitarios, Financieiros e Inmobiliaria, entre outros.

Máis información e inscrición: Aquí

CURSO DE QUEIXERÍAS, CON PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS

A Cruz Vermella de Santiago vai desenvolver con varias queixerias sitas nos concellos de Arzúa, Touro, Curtis, e Sobrado o Curso de Queixerías. A data Inicio aproximada é do 12/06/2017 o 31/07/2017. A parte teórica do curso se vai realizar en Touro. O colectivo destinatario son: Persoas desempregadas que se sintan identificadas co sector e teñan interese en poder traballar nel. Imprescindible ter medio de transporte e disponibilidade horaria.

As personas interesadas deben enviar o seu cv actualizado a siguiente dirección: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou presentarse en Cruz Roja Española en Santiago de Compostela a partir do 18 de maio ao 30 de maio ambos inclusive os Martes de 16:30-18:00 ou Xoves de 10:00-12:00.

CURSO DE MECÁNICO/A DE VEHÍCULOS

Lugar: Rúa Germán de Castro s/n. Curtis (Instalacións do IES de Curtis).

Duración: 4 de maio ata o 13 de setembro, en sesións de 5 horas diarias

Dirixido: prioritariamente a persoas desempregadas (3% do alumnado poderá estar traballando sempre que lle sexa compatible co horario formativo)

Inscrición: na oficina de emprego, indicando o código e nome da formación (TMVG0109- Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos).

Máis información: Concello de Curtis (Orientación laboral 981789003 Ext.37) ou Instituto de Curtis (Secretario 881880620)

CURSO PRIVADO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS NO CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL EFA PIÑEIRAL EN ARZÚA

Formación homologada para obter o certificado de profesionalidade unha vez rematado. Requisitos de acceso ter a ESO ou equivalente ou as competencias clave.

Centro: EFA Piñeiral. Centro privado, prezo a consultar. Inicio o 3 de abril e finalización no mes de decembro de 2017. Horario do curso: 16.30h - 19.30 horas. 

Para máis información: Raquel Carregal Mv 626639450.

A Resolución do 3 de noviembre de 2015, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade establece que as persoas co certificado de profesionalidade en Atención sociosanitaria en Institucións Sociais están habilitadas para traballar, ademáis de Residencias e centros de día, en domicilios. 

Curso de "Personal Branding". Universidade da Coruña.

A marca persoal, ou "Personal Branding", ten que ver cos valores que queremos proxectar tanto na vida persoal, como no traballo e na sociedade. Hoxe en día trátase dun asunto de vital importancia o contar coas ferramentas e coñecementos necesarios para construír, e deseñar, unha estratexia de comunicación efectiva que potencie a nosa imaxe de cara a consecución dos nosos obxectivos persoais e profesionais.

O longo do curso os asistentes aprenderán a desenrolar a súa propia folla de ruta para transcender en calquera ámbito no que compitan, de modo que poidan posicionarse de maneira efectiva na mente das persoas coas que están a interactuar constantemente.

Aprenderás

A marcar os teus obxectivos de crecemento persoal e profesional.

A ser consciente das túas debilidades e fortalezas, e a capacidade de análise do éxito na consecución das metas marcadas.

A deseñar un plan de marca persoal propio, baseado en métodos de análise, toma de decisións, proxección en redes sociais, posicionamento e habilidades comunicativas.

Datas

28 de marzo e 4,18 e 25 de abril, de 16:30 a 19:30.

Máis información: Aquí

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.