Banner XX Premio de rarracion curta

CURSO DE MECÁNICO/A DE VEHÍCULOS

Lugar: Rúa Germán de Castro s/n. Curtis (Instalacións do IES de Curtis).

Duración: 4 de maio ata o 13 de setembro, en sesións de 5 horas diarias

Dirixido: prioritariamente a persoas desempregadas (3% do alumnado poderá estar traballando sempre que lle sexa compatible co horario formativo)

Inscrición: na oficina de emprego, indicando o código e nome da formación (TMVG0109- Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos).

Máis información: Concello de Curtis (Orientación laboral 981789003 Ext.37) ou Instituto de Curtis (Secretario 881880620)

CURSO PRIVADO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS NO CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL EFA PIÑEIRAL EN ARZÚA

Formación homologada para obter o certificado de profesionalidade unha vez rematado. Requisitos de acceso ter a ESO ou equivalente ou as competencias clave.

Centro: EFA Piñeiral. Centro privado, prezo a consultar. Inicio o 3 de abril e finalización no mes de decembro de 2017. Horario do curso: 16.30h - 19.30 horas. 

Para máis información: Raquel Carregal Mv 626639450.

A Resolución do 3 de noviembre de 2015, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade establece que as persoas co certificado de profesionalidade en Atención sociosanitaria en Institucións Sociais están habilitadas para traballar, ademáis de Residencias e centros de día, en domicilios. 

Curso de "Personal Branding". Universidade da Coruña.

A marca persoal, ou "Personal Branding", ten que ver cos valores que queremos proxectar tanto na vida persoal, como no traballo e na sociedade. Hoxe en día trátase dun asunto de vital importancia o contar coas ferramentas e coñecementos necesarios para construír, e deseñar, unha estratexia de comunicación efectiva que potencie a nosa imaxe de cara a consecución dos nosos obxectivos persoais e profesionais.

O longo do curso os asistentes aprenderán a desenrolar a súa propia folla de ruta para transcender en calquera ámbito no que compitan, de modo que poidan posicionarse de maneira efectiva na mente das persoas coas que están a interactuar constantemente.

Aprenderás

A marcar os teus obxectivos de crecemento persoal e profesional.

A ser consciente das túas debilidades e fortalezas, e a capacidade de análise do éxito na consecución das metas marcadas.

A deseñar un plan de marca persoal propio, baseado en métodos de análise, toma de decisións, proxección en redes sociais, posicionamento e habilidades comunicativas.

Datas

28 de marzo e 4,18 e 25 de abril, de 16:30 a 19:30.

Máis información: Aquí

Curso de Manipulación de Alimentos

O martes, día 14 de marzo a empresa HM Global Consultores vai realizar un curso de manipulación de alimentos no Recinto Ferial de Curtis de 16.00 a 19.00 horas. Prezo: 15€, a pagar o día da formación directamente á empresa. 

As persoas interesadas en realizalo terán que inscribirse previamente en: 

Teixeiro: Telf.981789003 Ext. 37 (Orientación Laboral)

Curtis: Telf. 981777105

Cursos de lingua galega preparatorios das probas Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

No DOG Núm. 47 do 8 de marzo publicase a programación dos cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga para este ano. 

Os centros máis próximos onde se desenvolverán será en Melide, Ordes, A Coruña e Santiago. O prazo de inscrición nos cursos remata o día 28 de marzo.

Se pode consultar o DOG: Aquí

Para máis información: Orientación laboral. Telf. 981789003 Ext. 37

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.