UV BANNER Curtis 2023 web

PROGRAMA EMPREGO SUSTENTABLE NO RURAL

O proxecto de emprego "Emprego Sustentable no Rural" da Deputación de A Coruña realiza as seguintes accións formativas:  

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE: 

- Dinamización Comunitaria (certificado de nivel 3): Se realizarán 3 cursos nos seguintes centros Ordes, Santa Comba e Ortigueira, 
- Guía por itinerarios de baixa e media montaña (certificado de nivel 2). Se realizará nos seguintes centros: Teo e Mazaricos. 

COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E 3:

Ábrese tamén o proceso de solicitude de participación nunha edición de competencias clave (Lingua e Matematicas) de nivel 2 a desenvolver en Baio (Zas) e outra de nivel 3 a desenvolver en Oleiros.

Os requisitos básicos, ademais do nivel académico para o acceso é:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos do proxecto.
  • Cumprir cos requisitos de acceso á formación adscritos a cada unha das acciones formativas.

Máis información e Inscrición: Servizo de orientación Laboral. Telf. 981789003 Ext. 2037

PROBAS DE ACCESO AO GRAO MEDIO E SUPERIOR, CONVOCATORIA 2022

CFGM:

O prazo de inscrición: 3-16 de marzo de 2022, ambos incluídos.

A proba será: 25 de maio de 2022

CFGS:

O prazo de inscrición: 31 de xaneiro - 11 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A proba será: 28 de abril de 2022

Máis información: Servizo de Orientación Laboral (981789003 Ext.2037)

ESTRATEXIAS DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS

juanadevega estratexias2022A Fundación Juana de Vega promove do 17 ao 19 de xaneiro coa EFA Fonteboa unha nova edición do curso "ESTRATEXIAS DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGROALIMENTARIOS" impartido por José Ramón Porto (Director de Pre-marketing e profesor de Marketing dixital na USC e na University College of Dublin) e Xosé Teiga (experto en creación de marca, packaging e comunicación).

Obxectivos
Coñecer as novas ferramentas do marketing online e de comercialización no ámbito agroalimentario.
Axudar a definir unha estratexia de comercialización de produtos agroalimentarios para mellorar o seu posicionamento no mercado.
Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.
Inscrición de balde con prazas limitadas!

 

TALLER ENREDANDO EN TEIXEIRO E CURTIS, 13 E 14 DE DECEMBRO 2021

263427452 2069750076518401 4103586797910651907 n

 Taller de apio dixital persoalizado para acceder a servizos por internet (Solicitude de citas online, trámites telemáticos, manexo do correo electrónico, etc. )

En Teixeiro o día 14/12/21 ás 10.00h na Casa do Concello e en Curtis o día 13/12/21 ás 10.00h no Recinto Ferial. Imprescindible inscrición 981789003 / 981777105

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.