FORMACIÓN SANITARIA PARA AS AUXILIARES MUNICIPAIS
O Concello de Curtis solicitou á Deputación e foi elixido sede para a realización do curso de "Mobilizacións e hixiene postural" que se está a desenvolver durante o presente mes de maio no Centro Etnográfico situado en Teixeiro.
A acción formativa esta integrada no Plan de Formación Agrupado da Deputación A Coruña, para o ano 2015, dirixido ao persoal das administracións públicas e conta cun total de 19 participantes, auxiliares de axuda a domicilio dos concellos da comarca.