Numeracion Curtis logos

“Deseñando o teu futuro” en Curtis.

Curtis desenvolve dende principios de agosto o programa Deseñando o teu futuro. Esta iniciativa, financiada pola Consellería de Traballo e Benestar, esta destinada a que mozos e mozas de entre 14 e 18 anos realicen estadías – visitas en empresas, coa finalidade de que se acheguen á realidade laboral do seu contorno.

O programa organizado polo Concello de Curtis conta con 10 participantes que desenvolven as súas estadías en empresas de diversos sectores, tales como automoción, reciclaxe, sector eléctrico, industria da madeira e carpintería.

Coa colaboración das empresas, os mozos/as adquirirán coñecementos e habilidades que favorecerán o seu desenvolvemento persoal e facilitarán a toma de decisións na súa traxectoria formativa profesional.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.