Banner XX Premio de rarracion curta

Curso de preparación das probas libres E.S.O, convocatoria 2017.

 

IMG 20170301 202817 2O pasado 1 de marzo iniciouse o curso de preparación das probas libres da E.S.O para adultos, financiado polo Concello de Curtis, na aula municipal situada no Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro. A acción formativa pretende preparar a veciñanza ás probas oficiais para a obtención do titulo en educación secundaria organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que este ano teran lugar o día 2 de xuño.

O curso desenvólvese diariamente de 20 a 22 horas ata o día previo ás probas oficiais, e nel participan un total de 18 alumnos/as, once veciños do Concello de Curtis, tres de Vilasantar, dous de Sobrado e outros dous de Oza-Cesuras, dando cubertura no rural ás necesidades formativas das persoas adultas.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.