Curtis, 31 de xaneiro de 2022
O Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 17) publica o mércores 26 de xaneiro de 2022 unha nova convocatoria para acreditar a experiencia profesional dos traballadores galegos. Trátase de 460 novas prazas, o que supón un total de 1.600 unidades de competencia, e un total de 3 cualificacións.
As 3 cualificacións son as seguintes:
-Vixilancia e seguridade privada (SEA029_2): 240 prazas, nas unidades de competencia UC0080_2 e UC0081_2 e UC0082_2
Estas unidades de competencia correspóndense con dous certificados de profesionalidade completos:
Vixilancia, seguridade privada e protección das persoas
Vixilancia, seguridade privada e protección de explosivo
-Atención sanitaria a múltiples vítimas e catástrofes (SAN122_2): 170 prazas
-Amarre de porto e monoboias (MAP404_1): 50 prazas.
-Tamén se convocan 50 prazas na unidade de competencia UC0010_1 (contribuír ás operacións de cuberta nunha embarcación pesqueira.
O prazo de inscrición é dende o día 27 de xaneiro de 2022 ata o día 23 de febreiro de 2022, ambos incluídos.
Para poder presentarse deberán posuírse os seguintes requisitos:
Ter experiencia laboral de alomenos 3 anos nos últimos 15 anos
Ou ter cursos de formación relacionados coa cualificación á que se queira presentar de 300 horas realizados nos últimos 10 anos.
Para máis información poden consultar na páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade: https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/reconecemento-experiencia-profesional