UV BANNER Curtis 2023 web

ACTUALIZACIÓN DAS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DO SPEG

Como consecuencia da situación xerada pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 e co obxectivo de minimizar o seu impacto nas persoas demandantes, Emprego Galicia adoptou as seguintes medidas:


- NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de xuño de 2020.
- NON se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación justificativa.
- NON se esixirá a acreditación da procura activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
- Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral. O teu persoal de orientación, poderá contactar contigo, no seu caso, para citas de seguimento telefónico.
- Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, as prácticas non laborais, os talleres de emprego e os programas integrados de emprego.

Información recollida polo Servicio Público de Emprego na web emprego.xunta.gal e confirmada coa Oficina de Emprego de Betanzos. 

 

APOIOS PARA PERSOAS TRABALLADORAS ACOLLIDAS A ERTES

Curtis, 27 de abril de 2020

A Xunta activa unha liña de apoios para que cada traballador/a galego/a acollido/a a un expediente de regulación temporal de emprego (Erte) autorizado e que aínda non cobrara as prestacións por desemprego do Goberno central poida recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun tope mensual de 750. O convenio, acordado coas entidades financeiras, permitirá aos/ás empregados/as solicitar un adianto ata que a Administración estatal realice os pagos correspondentes.

As contías dos anticipos estableceranse en función das mensualidades que cada empregado teña pendente de cobro e poderán chegar ata 750 euros ao mes, no caso de persoas con contratos a xornada completa e afección do Erte ao 100% da xornada. Se o contrato fose a tempo parcial ou o Erte afectase só a unha parte da xornada, o adianto reducirase proporcionalmente.

Máis información nos teléfonos 900 815 600 e 900 815 151 e na web de Emprego Galicia (https://emprego.xunta.gal).

Pasos a seguir para a SOLICITUDE . pdfpasos-anticipo-prestacion-erte.pdf

MERCAPROXIMIDADE

A Consellería do Medio Rural, publica hoxe día 14.04.20, a creación dunha canle alternativa para a comercialización de produtos agrogandeiros de proximidade con motivo da suspensión de actividades comerciais derivada da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

A adhesión:
Farase preferentemente a través das organizacións profesionais agrarias, as asociacións de produtores e os consellos reguladores de denominacións de orixe e de indicacións xeográficas protexidas, tras a solicitude do produtor. Tamén os provedores poderán adheirse á rede de maneira individual.

ACTIVIDADES QUE PODEN REABRIR DESDE O 13.04.2020

Curtis, 14 de abril de 2020

Achegamos un documento explicativo sobre as actividades que poden reabrir desde o 13.04.2020. pdf2020_04_13_Reapertura_actividades_13_abril.pdf

Se continua tendo dúbidas sobre se pode reiniciar a súa actividade profesional, recomendamos que o empresario ou empresaria póñase en contacto coa autoridade competente, no concello de Curtis a Garda Civil, para confirmar que a súa actividade non ten restricións

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS PREVENTIVAS DE SAÚDE LABORAL ANTE O CORONAVIRUS

Curtis, 14 de abril de 2020

A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas, autónomos e traballadores unha guía con recomendacións preventivas ante o coronavirus, que ten como finalidade dar pautas para garantir a saúde laboral das persoas traballadoras no reinicio da actividade empresarial e industrial.

Guía de recomendacións preventivas de saúde laboral ante o coronavirus.

Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas: 900 815 600

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.