PREPARACIÓN DAS PROBAS LIBRES DA E.S.O.
O Concello de Curtis organiza e subvenciona, un ano máis, as clases de preparación das probas libres para a obtención do Graduado en Educación Secundaria que convoca anualmente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
As clases comezaron o 17 de marzo e finalizarán o 28 de maio, sendo a proba o día 29, cun total de 15 alumnos/as matriculados.
As persoas interesadas en participar nas clases, nas probas ou obter máis información pódense poñer en contacto coa Orientadora Laboral en 981789003 Ext.37 ou no e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
FORMACIÓN EN MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS NO CONCELLO DE CURTIS
Onte, día 17 de marzo de 2015 realizouse o Curso de Manipulación de Alimentos organizado polo Concello no salón de graos de Curtis. A empresa Hm Global Consultores foi a encargada de impartir a formación que contou cunha participación total de vinte alumnos/as procedentes maioritariamente do sector da hostalería.
Este foi o segundo curso que se desenvolveu no concello no presente ano, o primeiro celebrouse no mes de febreiro nas instalación municipais de Teixeiro, cun total de vinte e tres participantes.
ENTREGA TÍTULOS DE CARRETILLA ELEVADORA CEC
O Tenente Alcalde do Concello de Curtis, Antonio A. Fraga, fixo entrega o 12 de marzo dos títulos de carretilla elevadora a traballadores e empresarios da zona que realizaron a formación teórico/práctica nas instalacións municipais de Curtis.
Este curso desenvolveuse grazas o acordo de colaboración entre a Confederación de Empresarios de A Coruña e o Concello de Curtis para facilitar de maneira gratuíta o desenvolvemento de accións formativas dirixidas a persoas traballando.
INSCRÍBETE NO PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL DE GALICIA (16-29 ANOS)
O programa de Garantía Xuvenil en Galicia contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo.
Dirixido: mozos e mozas de 16 a menores de 30 anos. Máis info. e inscrición: Aquí