O prazo de inscrición para os campamentos urbanos de agosto pecharase o 20 de xullo
O CIM (Centro de Información ás Mulleres) de Curtis abre o prazo de inscrición para os campamentos urbanos do mes de agosto para axudar na conciliación familiar. Entre outras actividades, nos campamentos desenvolveranse xogos cooperativos, contacontos e manualidades.
A data límite para anotar aos nenos/as, de 3 a 12 anos de idade, será o 20 de xullo.
Actividades: Manualidades, contacontos, xogos cooperativos...
- Días: 1 ao 26 de agosto de 2016.
- Horario: de 10.00 horas a 14.00 horas.
- Lugares: Centro de Ocio Infantil de Curtis e Recinto Escolar de Teixeiro.
As prazas son limitadas. A participación neste programa é incompatible cos días que se imparten as “Actividades deportivas verán 2016” por coincidencia de horarios.
Colabora con estas activiades a Obra Social “La Caixa”.