A unidade móbil para a doazón de sangue estará en Curtis o 18 de xullo e en Teixeiro o 8 de agosto
O Concello de Curtis e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes.
As épocas do ano de maior dificultade para a doazón de sangue coinciden co verán. Os enfermosingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade da cidadanía, e por iso, o Concello distribuirá material informativo para tratar de incrementar a participación.
As persoas maiores de 18 anos que desexen participar poden acudir a:
CURTIS. LUNS 18 de XULLO
- Unidade móbil diante da Casa da Xuventude. Desde ás 10.00 ás 14.00 e 16.30 ás 21.00 horas
TEIXEIRO. LUNS 8 de AGOSTO
- Unidade móbil frente ao Concello. Desde ás 10.00 ás 14.00 e 16.30 ás 21.00 horas
A Organización Mundial da Saúde recomenda acadar de 40 a 60 doazóns de sangue por cada 1.000 habitantes para cubrir todas as necesidades dos hospitais. O obxectivo é incrementar a participación en Curtis para axudar a moitos enfermos que precisan da nosa solidariedade. O vindeiro mes de agosto, a unidade móbil do CTG tamén visitará Teixeiro dentro desta campaña
solidaria.
Queremos facer un agradecemento especial a todas as persoas que doan sangue. O Concello de Curtis conta con 740 doadores censados que realizaron 6.155 doazóns de sangue dende a primeira visita da unidad móbil do CTG en febreiro de 1994. Grazas a este xesto solidario, cada día os hospitais atenden unha media de 2.700 urxencias, realizan máis de 500 intervencións cirúrxicas e levan a cabo 3 transplantes de órganos e tecidos.
Neste verán, moitas persoas dependen da solidariedade dos veciños e veciñas de Curtis para recuperar a saúde ou salvar a vida.
Súmate, doa sangue.