O Concello activa o Programa Curtis Saudable dirixido a adultos e ao colectivo da terceira idade
- As actividades, que se desenvolverán do 1 de agosto ao 31 de xaneiro, incluirán ximnasia nos parques biosaludables, talleres de psicoestimulación e andainas.
O Concello de Curtis organiza o Programa Curtis Saudable dirixido a adultos e ao colectivo da 3ª idade co obxectivo fundamental de animarlles a ocupar o seu tempo de lecer con actividades físicas moderadas, que melloren a súa saúde e incrementan a calidade de vida dos participantes.
As actividades, de carácter gratuítas, están indicadas especialmente para persoas con sobrepeso, diabetes, colesterol e calquera veciño/a que non queira ou non poida realizar unha actividade física intensa.
Aínda que o prazo inicial de inscrición termina o 15 de xullo, despois desa data as persoas interesadas aínda se poden apuntar nas dependencias municipais. Os horarios son orientativos, podéndose modificar en función das necesidades e demandas dos veciños/as.
O programa, que se desenvolverá desde o un de agosto de 2016 ao 31 de xaneiro de 2017, inclúe:
Ximnasia nos Parques Biosaludables:
- Luns, de 17.00 a 18.00 horas, en Curtis
- Martes, de 17.00 a 18.00 horas, en Teixeiro
Talleres de Psicoestimulación:
Neles traballaríase a ximnasia mental, memoria, relaxación, meditación xogos tradicionais e ximnasia de mantemento.
- Luns:
- Edificio de Usos Múltiples de Curtis, de 10.45 h. A 11.45 h.
- Centro Social da Illana, de 12.00 a 13.00 h.
- Martes:
- Centro Etnográfico de Teixeiro, de 10.45 h. A 11.45 h.
- Centro Social de Santaia, de 12.00 a 13.00 h.
- Mércores:
- Centro Social de Foxado, de 10.45 h. a 11.45 h.
- Centro Social de Paradela, de 12.a 13.00 h.
Andainas:
- Camiñar por Curtis, os xoves, de 10.30 h. a 11.30 h. Saída, diante do pavillón polideportivo.
- Camiñar por Teixeiro, os venres, de 10.30 a 11.30 h. Saída, diante da Casa do Concelllo.
- Rutas Interurbanas (datas e horarios por determinar):
- Teixeiro- Xabriño
- Curtis- Xabriño
- Paradela-Santaia