Orientación Laboral organizará en outubro un curso gratuíto de carretilla elevadora de 12 horas
A área de Orientación Laboral do Concello de Curtis organizará os días 21 e 22 de outubro un curso gratuíto de carretilla elevadora, que durará 12 horas.
- Día 21: De 16.00 a 20.00 horas.
- Día 22: De 9.00 a 13.00 horas e de 14.30 a 18.30 horas.
As clases impartiraas ECT Galicia (Grupo San Martín) no Polígono Industrial Curtis-Teixeiro. A acción formativa é para 20 persoas, que serán admitidas por orde de inscrición e terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.
Os interesados poden inscribirse até o 10 de outubro na Casa do Concello (2º andar), en Teixeiro, ou nas oficinas municipais de Curtis. Será necesario que cubran a ficha de inscrición e entreguen a copia de demandante de emprego.
Máis información en Orientación Laboral: 981789003, ext. 37.