O CIM de Curtis organiza un curso de axudante de cociña en hostalería para mulleres desempregadas
O Centro de Información ás Mulleres de Curtis organiza un curso de axudante de cociña para hostalería, que se impartirá desde o 7 de novembro até o 7 de decembro. A acción formativa organizarase no Centro Etnográfico de Teixeiro e na Biblioteca Municipal os mércores, de 10.00 a 13.00 horas, e os luns, martes, xoves e venres, de 17.00 a 20.00 horas.
A actividade, que é gratuita, está destinada a mulleres inscritas como demandantes de emprego.
O prazo de inscrición ao curso remata o vindeiro 2 de novembro. As prazas son limitadas. A inscrición poderá realizarse no CIM, ubicado na Casa do Concello en Teixeiro, ou nas Oficinas Municipais de Curtis.
O desenvolvemento do curso enmárcase no Programa de Mellora da Empregabilidade ás Mulleres subvencionado pola Deputación da Coruña.