UV BANNER Curtis 2023 web

Teatro, maxia, contacontos, monicreques, deportes, música, cine e obradoiros configuran o Nadal Cultural 2016

nadal 2016Obras de teatro, magos, contacontos, monicreques, actividades deportivas, música, cine e obradoiros configuran o programa de Nadal Cultural do Concello de Curtis deste ano, pensado para toda a familia e, en especial, para os máis pequenos. Daremos por finalizada a programación o 5 de xaneiro cos percorridos das Cabalgatas de Reis e as festas infantís posteriores.

  • Cartel da programación deste ano: pdf
  • Díptico de actividades: pdf

 

PROGRAMACIÓN

Mércores, 21 de decembro

  • Gala 'Escolas Deportivas de Patinaxe', no Pavillón Polideportivo de Teixeiro.

 

Venres, 23 de decembro patinaxe nadal

  • Patinaxe sobre xeo no Centro Comercial Marineda City.

 

Sábado, 24 de decembro

  • Curtis: 16:45-19:15 h. Percorrido pola rúa con Papa Noel e recepción no Centro de Ocio.
  • Teixeiro: 16:45-19:15 h. Percorrido pola rúa con Papa Noel e recepción no Pavillón Polideportivo.

 

 Días 26, 27 e 28 de decembro

  • Torneo de Fútbol Sala 'Cidade de Lugo'.

 

Luns, 26 de decembro mago nadal

  • Curtis: 17:00-18:00 h. 'O mago e o ilusionista', espectáulo de maxia con Kiko Pastur, no Edificio Multiusos.
  • Teixeiro:17:00-18:00 h. Asoc. Cultural Papaventos, coa obra 'Brincacontos', no Centro Etnográfico.

 

bailarina nadalMartes, 27 de decembro

  • Curtis: 17:00-18:00 h. Ghazafelhos, co espectáculo 'Iriña Bailarina' propón reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os esterotipos sociais. No Edificio Multiusos.
  • Teixeiro: 17:00-18:00 h. Os Quinquilláns presentan a obra teatral '¿Por qué é salgada a auga do mar?', no Centro Etnográfico.

 

Mércores, 28 de decembrosanti prego nadal

  • Curtis: 17:00-18:00 h. As marionetas de Fanfarra Títeres nos contan 'O soñador de historias', no Edificio Multiusos.
  • Teixeiro: 17:00-18:00 h. 'O teatro máis pequeno do mundo' é unha divertida sesión de contos populares e romances medievais contados con monicreques a cargo de Santi Prego. No Centro Etnográfico.

 

bruxa maruxa nadalXoves, 29 de decembro

  • Curtis: 17:00-18:00 h. Xandobela, a través do conto 'O Tesouro da bruxa Maruxa' narra unha fermosa historia coa participación activa dos nenos e das nenas a través de xogos e cantigas que fomentan o galego.No Edificio Multiusos.
  • Teixeiro: 16:30-19:30 h. Xogos inchables, no Pavillón Polideportivo.

 

Venres, 30 de decembro

  • Curtis: 16:30-19:30 h. Xogos inchables, no Pavillón Polideportivo.
  • Teixeiro: 17:00-18:00 h. Kiko Pastur trae a súa maxia coa obra 'O mago e o ilusionista', no Centro Etnográfico.

 

Luns, 2 de xaneiro cine nadal

  • Curtis: 17:00-18:30 h. Cine de Nadal, no Edificio Multiusos.
  • Teixeiro:17:00-18:00 h. Obradoiro no Nadal, na Biblioteca Municipal.

 

Martes, 3 de xaneiro

  • Curtis: 17:00-18:00 h. Obradoiro no Nadal, no Centro de Ocio Infantil.
  • Teixeiro: 17:00-18:30 h. Cine de Nadal, no Centro Etnográfico.

 

Mércores, 4 de xaneiro

  • Curtis: 17:00-18:30 h. Cine de Nadal, no Edificio Multiusos.
  • Teixeiro: 17:00-18:30 h. Cine de Nadal, no Centro Etnográfico.

 

CABALGATA DOS REIS MAGOS - Xoves, 5 de xaneiro

Curtis

  • 17:00 h. Benvida na Estación de Tren e percorrido da comitiva real polas rúas.
  • 18:00 h. Recepción dos Reis Magos no Edificio Multiusos e gran festa infantil.

Teixeiro

  • 17:00 h. Benvida na Casa do Concello e percorrido da comitiva real polas rúas.
  • 18:00 h. Recepción dos Reis Magos no Pavillón Polideportivo e gran festa infantil.

 

Para máis información consultar os dípticos ou nas dependencias municipais:
Casa do Concello Oficina Municipal
Telf. 981789003
Telf. 981777105
www.curtis.gal / e-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.