Parcelaria: convocatoria para identificar os días 21 e 22 de marzo as propiedades de varios lugares de Fisteus
REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE FISTEUS
Ponse en coñecemento dos propietarios dos lugares de A Lagoa, Penarrubia, Os Couceiros, Os Campos, As Regas, Cencasas, A Hedreira, A Arada, A Insua, A Graña, Martiños, Boipardo, Vilarvello, As Merelas, O Pardiñeiro, Os Dodulfes e O Codeso con parcelas ubicadas en Solo de Núcleo Rural da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña), que cada titular deberá identificar as súas propiedades co número de polígono e de parcela.
Para iso, deberán acudir ó local da Illana coa documentación das mesmas así como o C.E.A para todos aqueles propietarios que posúan explotación agrícola.
- DÍA: 21 e 22 de Marzo.
- HORARIOS: 10.00 h. a 14.00 horas pola mañán, e 15.00 h. a 18:00 horas pola tarde.