Curtis celebrará unha gala interxeracional de baile moderno este sábado para despedir o curso
O Concello de Curtis organizará este sábado unha Gala Interxeracional de Baile Moderno como festa de fin de curso desta actividade. A actuación celebrarase este sábado, día 17, ás 17.30 horas, no Edificio de Usos Múltiples de Curtis. A entrada será libre.
Na gala participarán tanto os nenos e nenas dos cursos de baile de Curtis e Teixeiro como os maiores de Curtis, a quen, ademais, acompañará un grupo de adultos de Arteixo, quen quixeron colaborar e sumarse á celebración co fin de animar a máis persoas a participar nesta actividade na vindeira tempada.
Esta actuación será unha boa ocasión para ver como traballan os grupos de baile moderno e a súa profesora e que se animen a apuntarse nas novas clases que comezarán en setembro.