Actividades do verán cultural en Curtis e Teixeiro no mes de xullo
Dentro do programa de Verán Cultural programado para este mes de xullo pola área de Cultura do Concello de Curtis, inclúense as seguintes actividades, abertas a todo o público:
Curtis
Actuación: 'Peter Punk, peor imposible'. Espectáculo para toda a familis do pallaso galego Isaac Rodríguez, irreverente e inconformista, máis coñecido como Peter Punk.
- Día: 12 de xullo, mércores
- Hora: 10.00 horas
- Lugar: Pavillón polideportivo de Curtis
Teixeiro
Actuación: 'Eira Xandobeleira'. Ludoteca itinerante, que se compón dunha colección de xogos para todas as idades elaborados artesanalmente e inspirados en xogos tradicionais de épocas e lugares diversos.
- Día, 19 de xullo, mércores
- Hora: 11.00 horas
- Lugar: Praza de España de Teixeiro
As actividades enmárcanse na Rede Cultural da Deputación da Coruña.