UV BANNER Curtis 2023 web

Actividades do verán cultural en Curtis e Teixeiro no mes de agosto

Veran cultural agosto 1Dentro do programa de Verán Cultural programado para o mes de agosto pola área de Cultura do Concello de Curtis, inclúense as seguintes actividades, abertas a todo o público:

Teixeiro

Actuación: 'Lume'. Adaptación de Teatro Babaluva inspirado nun texto de Alberto Varela Ferreiro. Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar unha historia de sensibilización medioambiental, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.

  • Día. 9 de agosto, mércores
  • Hora: 10.30 horas
  • Lugar: Edificio de Usos Múltiples

Curtis

Actuación: 'Maxia pola igualdade', espectáculo de Fani Triana, que ten como protagonista a una muller que chega a casa despois dunha xornada longa de actividades laborais e inicia outras tarefas nunha dobre xornada ás veces interminábel. A ilusionista creará fantasías coa louza da cociña, vasoiras, roupas, panos, mobiliario do salón, e rematará facendo unha mostra de forza, a mesma que durante tanto tempo levan mostrando as mulleres en favor da loita pola igualdade.

  • Día: 16 agosto, mércores
  • Hora: 12.00 horas
  • Lugar: Edificio Multiusos

As actividades enmárcanse na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.