O Concello convida aos veciños de todas as idades a participar no Día do Deporte na Rúa os días 24 e 31 de agosto
A área de Deportes organizará o Día do Deporte na Rúa o xoves, día 24, na Carballeira de Curtis, e o xoves, 31, na Praza de España en Teixeiro, de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas.
Estas xornadas, aberta a persoas de todas as idades, enmárcase nas acción impulsadas polo Concello para promover hábitos de vida saudable entre a poboación.
Entre as actividades programadas destacan o fútbol, minibasket, pádel, badmington e carreiras. Tamén realizaranse diversos xogos e instalaranse dous inchables.