Exposición pública do deseño do trazado da nova rede viaria e do POPEVA da parcelaria de Fisteus
ZONA DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE FISTEUS - AVISO INFORMATIVO
Todos os propietarios, titulares e interesados na reestruturación parcelaria de Fisteus poderán consultar a partir do luns, día 4 deste mes de decembro, o deseño do trazado da nova rede viaria e do Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria (POPEVA), que estará exposto durante 30 días naturais no local social de A Illana, no Recinto Feiral de Curtis e na Casa do Concello en Teixeiro. Así se comunicou durante a reunión esta semana da xunta local da concentración.
O documento tamén poderá ser consultado na sede electrónica da Consellería de Medio Rural:
Os técnicos atenderán persoalmente aos interesados en:
Técnico de infraestruturas da proposta da rede viaria de camiños
- Días: 12 e 14 de decembro
- Horarios: 11.00 horas a 13.00 horas
- Lugar: Salón de actos do Edificio Multiusos de Curtis (Recinto Feiral)
Técnico de infraestruturas dos usos do solo
- Días: 19, 21 e 28 de decembro
- Horarios: 11.00 horas a 13.00 horas
- Lugar: Salón de actos do Edificio Multiusos de Curtis (Recinto Feiral)
Durante o prazo de exposición, os interesados poderán formular as alegacións que estimen oportunas, por escrito rexistrado no Concello de Curtis, na Xunta de Galicia ou calquera outro rexistro legalmente establecido.
A parroquia de Fisteus, de 45 quilómetros cadrados, é a de maior extensión onde se realiza a concentración parcelaria en toda Galicia. En canto finalice, reducirase a menos dunha cuarta parte a súa actual división.