Curso gratuíto de defensa persoal o día 13 de xaneiro en Teixeiro
A área de Deportes municipal organiza un curso gratuíto de defensa persoal (kragmaga), sen límite de idade e cunha duración de 4 horas aproximadamente.
- Día: Sábado 13 de xaneiro.
- Lugar: Pavillón polideportivo de Teixeiro.
O kragmaga é un dos sistemas de defensa persoal máis efectivos e pensado para que todas as persoas se capaciten para repeler agresións inspiradas na vida real.
As inscricións poderán facerse no teléfono: 629316375 (Guti).