UV BANNER Curtis 2023 web

Os Reis Magos sairán ás 16.45 horas da Casa do Concello en Teixeiro e desde a Estación de Tren en Curtis

  • As cabalgatas finalizarán coa recepción ás súas Maxestades e cunha gran festa infantil, con obradoiros, música e unha gran chocolatada final con roscón.
  • No caso de que a choiva impida a saída das carrozas, os Reis irán directamente ao Edificio de Usos Múltiples e ao Recinto Feiral.

reis magos 2017O Concello de Curtis xa ten todo preparado para o percorrido de mañá, día 5, dos Reis Meigos e a súa comitiva nas localidades de Curtis e Teixeiro, á espera de que se poidan desenvolver con normalidade se a choiva non fai a súa aparición.

Ambas as cabalgatas sairán de maneira simultánea ás 16.45 horas e finalizarán coa recepción dos Magos de Oriente e a celebración dunha festa infantil. Os nenos, como en anos anteriores, poderán subir nas carrozas da comitiva.

Teixeiro

As súas Maxestades sairán desde a Casa do Concello e percorrerán as rúas Ramón Espiñeira e Emigrantes e pasarán polas Avenidas Martínez Pardo, Doutor Luís Novo e Buenos Aires ata chegar ao Edificio de Usos Múltiples, onde se organizará a recepción, a festa infantil e unha gran chocolatada con roscón de reis.

Curtis

A saída dos Reis será desde a Estación do Tren na Praza Compostela e proseguirá pola Avenida Principal e a rúa Alcalde Espiñeira ata chegar ao Recinto Feiral onde no salón de actos celebrarase a recepción e a festa infantil e servirase unha chocolatada. Antes está previsto, ademais, que visiten aos usuarios e empregados do Centro de Día.

No caso de que a choiva impida saír ás carrozas, As súas Maxestades irán directamente ás recepcións previstas en Curtis e Teixeiro, onde estarán con todos os nenos e nenas e uniranse á festa. En ambas as localidades están previstos xogos, talleres e música, ademais da merenda final.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.