Cultura organiza unha viaxe a Segovia, Toledo e Salamanca do 28 ao 30 de setembro
A área de Cultura do Concello de Curtis organiza para os veciños e veciñas interesados unha viaxe a Segovia, Toledo e Salamanca de tres días, do 28 ao 30 de setembro, co fin de permitir o coñecemento de novas cidades e culturas a prezos máis reducidos.
O número de prazas é de 47 (por orde de inscrición) e os prezos (con todo incluído: transporte, hotel con pensión completa e guías) son os seguintes:
- Habitación doble: 147,45 euros por persona
- Habituación individual: 202,45 euros por persona
As persoas interesadas, que deberán ser maiores de 18 anos, poderán inscribirse ate o 7 de setembro nas dependencias municipais:
- Casa do Concello, na Praza de España, en Teixeiro. Telf. 981789003
- Oficina Municipal nas instalacións da Feira Comarcal, en Curtis. Telf. 981777105