UV BANNER Curtis 2023 web

O Premio de Narración Curta do Concello de Curtis lanza na súa XIV edición un reto literario: vacas, un tren e... zombis!

xix narracion curtaA concellaría de Cultura activa o XIV Premio de Narración Curta do Concello de Curtis. Na convocatoria deste ano a temática é “case” libre.

A idea: cóntanos o que queiras, pero no teu relato terán que aparecer: vacas, un tren e... zombis!

É un RETO LITERARIO! Anímate!

BASES DO CERTAME DE NARRATIVA CURTA DO CONCELLO DE CURTIS
RETO LITERARIO: VACAS, UN TREN E ZOMBIS

1.-Convócase o XIV Premio de Narración Curta do Concello de Curtis “RETO LITERARIO:VACAS, UN TREN E ZOMBIS”.

2.- Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.

3.-Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.

4.- Deberán enviarse escritos en formato Word e cunha extensión comprendida entre os 3000 e os 5000 caracteres (espazos incluídos).

5.-Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Achegarase no documento de Word unha última folla que conteña unha copia do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.

6.- A data límite de entrega é o 20 de abril de 2019.

7.-Establécense dúas categorías:

  • A-alumnado dos centros de ensino a partir dos 12 anos
  • B-dos 18 anos en diante

         e dous premios en metálico para cada categoría:

         Categoría A:

  • 1º premio de 200 euros
  • 2º premio de 100 euros

        Categoría B:

  1. 1º premio de 350 euros
  2. 2º premio de 150 euros

8.-Os traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.

9.- Os premios estarán suxeitos a retención oportuna que resulte da aplicación da lei vixente en materia de rendas de persoas físicas no momento da súa concesión.

10.- O xurado, que estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, resérvase o dereito de outorgar un premio compartido en calquera das categorías se así o considera

11.-Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro

12.- Convidarase ós/ás premiados/as ó acto de entrega que terá lugar no mes de xuño, e no que se agarda a súa asistencia ou a dunha persoa autorizada.

13.- A presentación das obras supón a aceptación destas bases.

Para calquera dúbida, escribir ó correo electrónico do certame: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou chamar ó 651046603.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.