UV BANNER Curtis 2023 web

Xornada sobre o autismo o día 8 de abril

autismoA área de Benestar do Concello de Curtis, a través do CIM, organiza unha xornada sobre autismo o vindeiro día 8 de abril, ás 16.30 horas, no Centro Etnográfico de Teixeiro.

XORNADAS TEA

Ponentes:

Betania Croba Fernández

Profesora da Facultade Ciencias da Saúde e Membro do Grupo de investigación TALIONIS (Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde) da Universidade da Coruña. É Terapeuta Ocupacional e doutora en Ciencias da Saúde pola Universidade da Coruña. Certificación Internacional en Integración Sensorial de Ayres e por CLASI.

Formación específica na etapa da infancia, trastornos do neurodesenvolvemento e en tecnoloxías da iInformación e das comunicacións e método TEACCH.

José Antonio Rama Fandiño.

Director de PASITOS Centro de Desenrolo Infantil.
Graduado en Terapia Ocupacional pola Universidade da Coruña ( UDC) e Posgrao en Adestramento Canino e Introdución ás Terapias Asistidas con Animais pola UDC. Técnico Superior en Integración Social.

Certificación Internacional en Integración Sensorial de Ayres por CLASI. 

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.