UV BANNER Curtis 2023 web

A XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro comeza mañá cun programa de actividades para todas as idades

lecer teixeiro 18Unha cea baile na Praza de España, diante da Casa Consistorial, será o pistoletazo de saída mañá, venres, día 3, da XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro, que inclúe un extenso programa de actividades ata o sábado, día 11.

Organizada polas asociacións e colectivos do pobo de Teixeiro, conta tamén coa colaboración do Concello de Curtis, que organizará o sábado, día 4, o III Teixeiro Summer Festival, que consolida á localidade como o centro neurálxico dos deportes de forza e contacto, e o domingo, día 5, a XIX Festa do Cabalo, que atraerá aos mellores cabalos pura raza galega a probas puntuables para a Copa de Galicia e o Campionato de Galicia.

Ademais, o Concello organizará o mércores, día 8, o Día do Deporte na Rúa e patrocina ese mesmo día a obra de teatro para maiores ‘ Go on’, a cargo da compañía A Laberca.

Para o luns, programáronse torneos de parchís, infantil e para adultos, a actuación do mago Benxamín e cinema; o martes, ademais dunha comida de confraternidade da Asociación de Pensonistas O Recuncho, haberá baile no campo da feira con ‘ Sarillo de Aiazo’; teatro para nenos e música para maiores.

O xoves, 9, haberá xogos para nenos, unha actuación de ‘Monicreques en Igualdade’, de Toxo e Carrouchas, e cinema, e para o venres, día 10, programouse unha ruta e actividades ecolóxicas para nenos pola mañá, e as carreiras da XVIII Milla Urabana de Teixeiro, pola tarde, nas modalidades para nenos a partir dun ano e os alevíns.

A clausura, o sábado, será cun festival de música tradicional e unha gran chocolatada.

Podedes consultar todo o programa, coas actuacións, horarios e lugares en:

  • Programa XVIII Semana da Cultura e do Lecer de Teixeiro: pdf

O Día da Bici celebrarase o domingo, 12 de agosto

Bici 18O popular Día da Bici, que organiza a área de Deportes do Concello de Curtis celebrarase o domingo 12 de agosto, e o prazo para inscribirse está aberto ata o día 9 deste mes. A actividade está pensada para fomentar hábitos de vida saudable e para incentivar a participación de todos os veciños, sen límite de idade.

A marcha sairá desde a Casa Consistorial en Teixeiro e desde o pavillón municipal de Curtis, en ambos os casos ás 10.30 horas, e o punto de encontro final será San Roque de Xabriño, onde se entregarán trofeos ao participante máis novo, ao máis veterano, ao grupo ciclista máis numeroso e á bicicleta máis orixinal.

Como en anos anteriores, sortearase unha bicicleta de montaña. Para poder optar a ela, do mesmo xeito que aos trofeos, é necesario estar inscrito. Será obrigatorio levar casco.

  • Lugar de inscrición: Casa do Concello, en Teixeiro, e nas oficinas municipais no Recinto Feiral de Curtis.

Un verán cultural cheo de contos para os máis pequenos

Os máis pequenos da casa, pero tamén toda a familia, poden, un ano máis, disfrutar do verán cultural programado para eles polo Concello de Curtis.

caxotoA actuación de Luis Valecillo e o seu espectáculo 'Cantamos un conto?', que se organizou a inicios de xullo no Edificio Multiusos de Curtis, lle seguirán as seguintes actuacións:

19 de xullo:

26 de xullo

  • Obra: 'Cores', de Marta Ortiz, contos con obxectos de reciclaxe e música.
  • Lugar: Multiusos de Curtis
  • Horario: 11.30 horas. 

6 de agosto

  • Obra: 'O Círculo Máxico dos Contos', de Marisa Irimia. Sesión de narración oral onde os sentidos e a maxia das palabras cobran un especial protagonismo.
  • Lugar: Multiusos de Curtis
  • Horario: 11.30 horas. 

21 de agosto

  • Obra: 'Contos de Medo que Deixan durmir', de Caxoto Contacontos. A sesión é un paseo ao longo da tradición mística galega por un camiño cheo de gratas sorpresas onde achegarémonos ao medo desde a risa e a desmitificación.
  • Lugar: Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro
  • Horario: 11.30 horas. 

 

Datas para pasar a ITV de turismos e vehículos agrícolas en xullo

itv xullo 18Datas nas que se achegará este mes de xullo a oficina móbil da ITV ao noso municipio para a revisión de turismos.

Ademais, de xeito excepcional, o 27 de xullo, en horario de 9.00 a 13.30 horas, haberá unha unidade móbil para pasar revisión aos vehículos agrícolas.

TEIXEIRO 

Lugar: Xunto ao Pavillón Polideportivo

Días: 19 e 20 de xullo (turismos)

  • Horarios: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas.

Día: 23 de xullo (turismos)

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

CURTIS 

Lugar: Nave xunto ao Campo da Feira

Días: 24 e 26 de xullo (turismos)

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas.

Día: 27 de xullo (turismos e vehículos agrícolas)

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

PARA SOLICITAR CITA PREVIA

Poderase solicitar cita previa para a inspección as 24 horas, os 7 días da semana, a través de:

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Os 11 quilómetros entre Curtis e Teixeiro máis solidarios

  • A I Carreira e I Andaina na Loita contra ou Cancro que organiza o Concello de Curtis e a Asociación da Loita contra o Cancro celebrarase o 8 de xullo.

FotoCarreraO 8 de xullo, os 11 quilómetros que separan Curtis e Teixeiro converteranse nun símbolo do esforzo na loita contra o cancro ao ser esta a distancia que percorrerán as decenas de atletas que participarán na I Carreira Solidaria para adultos e na I Andaina para todas as idades que organiza o Concello de Curtis en colaboración coa Asociación de Axuda contra o Cancro.

A iniciativa foi presentada onte na Praza de España en Teixeiro polo alcalde de Curtis, Javier Caínzos, acompañado do primeiro tenente de alcalde, Antonio Fraga; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e representantes da Asociación da Loita contra o cancro do municipio de Curtis e da provincial da Coruña.

Durante a presentación, animouse á participación nesta iniciativa, pensada para visualizar o camiño que aínda queda por andar na loita contra esta enfermidade e para que participen persoas de todas as idades, adultos na carreira e na andaina, pero tamén nenos, que poderán inscribirse só na andaina.

A saída da proba será ás 11.00 horas desde o polideportivo municipal de Curtis, e a meta estará na Praza de España, en Teixeiro. O primeiro tenente de alcalde, Antonio Fraga, destacou que a saída de carreira, que terá continuidade nos próximos anos, será rotatoria entre os dous pobos.

Os prazos de inscrición, que se pechará o día 4 de xullo, están xa abertos na páxina da Federación Galega de Atletismo.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.