UV BANNER Curtis 2023 web

A XVIII Festa do Cabalo reunirá aos mellores exemplares de pura raza galega o 6 de agosto en Teixeiro

  • Concursos, exhibicións e espectáculos convertan esta celebración nunha das máis atractivas para os afeccionados ao mundo ecuestre.
  • A área de Promoción do Concello de Curtis impulsa esta festa con máis de 3.500 euros en premios.

festa cabalo 2017A área de Promoción Económica do Concello de Curtis organizará o domingo, día 6 de agosto, a XVIII Festa do Cabalo de Teixeiro, celebración consolidada xa como unha das máis atractivas para os afeccionados ao mundo ecuestre, que poderán admirar a algúns dos mellores exemplares de pura raza galega. Concursos, espectáculos e exhibicións sucederanse desde as 10.00 da mañá e durante toda a tarde no pobo de Teixeiro.

Entre as probas puntuables inclúense concursos de andaina, trote e morfoloxía, puntuable este último para a Copa de Galicia. Ademais, celebrarase o Campionato Galego de Andaina, puntuable na modalidade de dous tempos (serrada) e en catro (chapeada). A xornada finalizará cun espectáculo ecuestre a cargo da Escola de Equitación 'El Centauro', de Valladolid, e coa entrega de máis de 3.500 euros en premios.

Esta festa é unha oportunidade única para ver os mellores cabalos de raza galega xa que o de Teixeiro é o certame que reúne a un maior número de exemplares en concurso. De feito, Curtis é o municipio da provincia da Coruña con máis gandarías de pura raza galega, cunha vintena instaladas no seu territorio.

As probas celebraranse nun gran campo destinado a acoller as actividades ecuestres, situado detrás da casa consistorial de Teixeiro. A zona conta cunha ampla zona de aparcadoiro para facilitar a asistencia aos actos.

A Festa do Cabalo conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación dá Coruña, o Clube Hípico de Teixeiro, a Federación Hípica Galega e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego.

  • Bases do concurso e programa da Festa do Cabalo:  pdf

 

O Concello de Curtis abrirá as piscinas municipais o 23 de xuño e a inscrición das actividades de natacion, pádel e aquagym

actividades 17O Concello de Curtis abrirá as piscinas municipais de Curtis e Teixeiro este venres, día 23 de xuño, en horario de 12.00 a 20.00 horas, e a súa entrada será gratuíta.

Ao mesmo tempo, a área de Deportes abre xa o prazo para a inscrición nas actividades deportivas de natación, pádel e aquagym (ximnasia acuática), que se organizarán do 3 de xullo ao 31 de agosto,

A idade mínima para participar nos cursos de natación será os nados en 2013, e para pádel, os nados en 2009.

A inscrición, obrigatoria e que esixirá cubrir a ficha oficial, pódese realizar xa na Casa do Concello, en Teixeiro, ou nas dependencias municipais no recinto da Feira Comarcal de Curtis.

Será o día 3 de xullo, ás 12.00 horas, cando se distribúan os grupos nas piscinas. O prezo será de 12,41 euros mes por actividade.

Curtis celebrará unha gala interxeracional de baile moderno este sábado para despedir o curso

baileO Concello de Curtis organizará este sábado unha Gala Interxeracional de Baile Moderno como festa de fin de curso desta actividade. A actuación celebrarase este sábado, día 17, ás 17.30 horas, no Edificio de Usos Múltiples de Curtis. A entrada será libre.

Na gala participarán tanto os nenos e nenas dos cursos de baile de Curtis e Teixeiro como os maiores de Curtis, a quen, ademais, acompañará un grupo de adultos de Arteixo, quen quixeron colaborar e sumarse á celebración co fin de animar a máis persoas a participar nesta actividade na vindeira tempada.

Esta actuación será unha boa ocasión para ver como traballan os grupos de baile moderno e a súa profesora e que se animen a apuntarse nas novas clases que comezarán en setembro.

 

O Concello de Curtis organizará a IV Carreira Popular o 1 de xullo, que será o VIII Campionato de Galicia

CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CURTISA concellaría de Deportes do Concello de Curtis organizará o sábado 1 de xullo a IV edición da Carreira Popular Curtis-5Km, proba que se inclúe no V Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

A proba absoluta disputarase no centro urbano de Curtis sobre unha distancia de 5 km homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA), que será a súa vez o VIII Campionato de Galicia de 5 km en ruta.

  • Saída: Rúa Mestre Eduardo Fariña (diante do polideportivo de Curtis).
  • Inscricións populares: farase na web de Carreiras Galegas, con data límite, o mércores 28 de xuño ás 23.59 horas. Nas categorías escolares, a inscrición é gratuíta.
  • As inscricións do Campionato de Galicia de 5 km en ruta faranse a través da web da RFEA con prazo limite o martes anterior á proba ás 20.00 horas.

Toda a información sobre categorías e horarios: www.carreirasgalegas.com.

Recoméndase facer ambas inscricións, na Carreira Popular e no Campionato de Galicia se desexa entrar nos premios populares.

Premios e agasallos:

Participantes na carreira popular:

  • Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no regulamento da Proba, agás nas categorías pitufo e prebenxamín que se darán medallas a todos/as os/as participantes.
  • Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
  • Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta.
  • Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.

Participantes no Campionato de Galicia de 5 m en ruta

  • Medallas para os/as atletas participantes no Campionato de Galicia de 5 km en ruta, serán as referidas na circular do campionato que poderase consultar a través da páxina web www.atletismogalego.org.

 Cartel en PDF: pdf

 

Inscrición aberta para a ruta pedestre Paradela-Santaia do 10 de xuño, que percorrerá o Camiño Real

ruta pedestre 17O departamento de Deportes do Concello de Curtis organizará o sábado, 10 deste mes de xuño, a  xa tradicional ruta pedestre Paradela-Santaia, tramo pertencente ao Camiño de Santiago primitivo ou Camiño Real.

Haberá servizo de autobús para desprazar aos participantes:

  • Saída pavillón Curtis: 10.30 horas.
  • Saída Casa do Concello: 10.45 horas.

A ruta comezará ás 11.00 h desde a aldea de Paradela e terminará aproximadamente ás 13.30h na aldea de Santaia, hora de regreso do autobús.

As prazas de autobús son limitadas polo que é importante inscribirse nas dependencias municipais ven da Casa do Concello en Teixeiro como nas ubicadas no Recinto Feiral de Curtis ata o venres 9 de maio, ás 13.00 horas.

As prazas de autobús outorgaranse por orde de inscrición.

Estas actividades pertencen á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención do Sistema Nacional de Saúde, e forma parte do programa Curtis Saudable no que se desenvolven diversas actividades como: rutas, ximnasia dirixida en parques biosaludables, meditación, relaxación, ximnasia de mantemento, reiki, entre outras.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.