UV BANNER Curtis 2023 web

O Concello abre o prazo de inscrición para os campamentos urbanos de verán, que este ano serán temáticos

  • Inclúen actividades lúdico deportivas para facilitar a conciliación en xullo e agosto.

CAMPAMENTOS URBANS CONCELLO DE CURTIS 2017 1Os nenos participantes nos Campamentos Urbanos organizados polo Concello de Curtis para facilitar a conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto volverán gozar este ano de numerosas actividades lúdico deportivas que, nesta ocasión, teñen unha formulación temática: superheroes, piratas, oeste e medieval.

Os campamentos organizaranse de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas, excepto os festivos, nas instalacións do CEIP de Teixeiro e no Centro de Lecer Infantil.

Para poder participar neles, a idade mínima é a dos nenos e nenas nados en 2013. As actividades incluídas serán atletismo, fútbol, fútbol sala, balonmán, voleibol, padel, bádminton e deportes acuáticos, así como xogos de mesa e de expresión, talleres, manualidades, disfraces e excursións.

As datas a elixir son:

  • 3 ao 14 de xullo: temática Superheroes
  • 17 ao 28 de xullo: temática Pirata
  • 31 de xullo ao 11 de agosto: temática Oeste
  • 14 ao 31 de agosto: temática Medieval.

A inscrición deberá realizarse antes do 15 de xuño (este día incluído) ben na Casa do Concello de Teixeiro ou nas oficinas municipais de Curtis. O obxectivo desta inscricion é coñecer o número de participantes, pero no caso de non ter claras as datas nas que participar agora se poderán anotar noutras quendas de xullo e agosto. É dicir, en cada quincena darase un prazo para inscribirse na quenda seguinte.

O prezo por quincena será de 25 euros o primeiro fillo e de 15 euros a partir do segundo.

  • Folleto dos campamentos. Recomendacións pdf
  • Ficha inscrición pdf

 

Ábrese o prazo para inscribirse na excursión ao Dolmen de Dombate e a Buño para a terceira idade

cartel excursionA área de Benestar Social e de Cultura do Concello de Curtis organiza, no marco do Programa de Lecer Activo para a Terceira Idade, unha excursión para este colectivo ao Dolmen de Dombate e a Buño o vindeiro 16 de xuño.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición desde o día 19 deste mes de maio até o día 13 de xuño na Casa do Concello en Teixeiro (Telf. 981789003) ou nas dependencias municipais de Curtis (Telf. 981777105). É imprescindible presentar o carné da terceira idade.

O número de prazas ascende a 110 e o prezo é de 12,41 euros.

O Concello organiza una camiñada gratuíta con monitor o 21 de abril en Teixeiro

caminata Curtis 17A área de Deportes do Concello de Curtis, no marco da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde na que participa desde o ano pasado, prepara unha nova camiñada con monitor, gratuíta e aberta aos/as veciños/as, que se organizará este venres, día 21 de abril, en Teixeiro.

O punto de partida será o Centro Etnográfico do Mandeo, ás 17.00 horas, e o regreso está previsto ás 18.30 horas.

Con esta actividade, o Goberno local quere promocionar hábitos e estilos de vida saudable a través do desenvolvemento de actividades físicas moderadas para todas as idades.

Próximamente, se organizará unha ruta Paradela-Santaia, que transcurrirá por unha variante primitiva do Camiño de Santiago.

 

Curso de mecánico de vehículos nas instalacións do IES de Curtis

ies curtis 17CURSO DE MECÁNICO/A DE VEHÍCULOS

  • Lugar: Rúa Germán de Castro s/n. Curtis (Instalacións do IES de Curtis).
  • Duración: 4 de maio ata o 13 de setembro, en sesións de 5 horas diarias.
  • Dirixido: prioritariamente a persoas desempregadas (o 3% do alumnado poderá estar traballando sempre que lle sexa compatible co horario formativo).
  • Inscrición: na oficina de emprego, indicando o código e nome da formación (TMVG0109- Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos).

Máis información: Concello de Curtis (Orientación Laboral, telf. 981789003, ext.37) ou Instituto de Curtis (Secretario, telf. 881880620)

Deportes organizará o venres, 7 de abril, unha nova camiñada con monitor en Curtis para potenciar hábitos saudables

caminataA área de Deportes do Concello de Curtis, no marco da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde, prepara unha nova camiñada con monitor, gratuíta e aberta aos/as veciños/as, que se organizará este venres, día 7 de abril, no núcleo de Curtis.

Con esta actividade, o Goberno local quere promocionar hábitos e estilos de vida saudable a través do desenvolvemento de actividades físicas moderadas para todas as idades.

Os interesados en acudir, a saída será ás 17.00 horas no pavillón polideportivo de Curtis, desde onde se partirá para realizar un percorrido de 10 quilómetros, cun descanso intermedio. A hora de regreso estimada é ás 18.30 horas.

É recomendable levar un chaleco reflector.

De abril a xuño convocaranse máis camiñadas e outras actividades, que se irán anunciando con suficiente tempo de antelación.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.