UV BANNER Curtis 2023 web

Convocatoria os días 28, 29, 30 e 31 de marzo para identificar propiedades para a parcelaria de Fisteus

REESTRUTURACIÓN PARCELARÍA DE FISTEUS

pfisteusPonse en coñecemento dos propietarios dos lugares de A CABANA, O CASTRO, OS VILARES, FIEITAL, A PENA, A ILLANA, O ESTANCO, DEVESELA, PARDIÑEIRAS, A ZAFRELA, MARTIN, AS PEREIRAS, A BAIUCA, ESTREMIL, PIÑEIRO, A CHEIRA, ALVITE, OUTEIRO DE ARRIBA, OUTEIRO DE ABAIXO, CASANOVA, ESMORIS, O IGREXARIO, BALTER, O CRUCEIRO, A FRAGA, SEÑOR, FONTÁ, BALDARÍS, MIRÁS e AS RABUÑAS con parcelas ubicadas en Solo de Núcleo Rural da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña), que cada titular deberá identificar as súas propiedades co número de polígono e de parcela.

Para iso, deberán acudir ó local da Illana coa documentación das mesmas así como o C.E.A para todos aqueles propietarios que posúan explotación agrícola.

DÍAS: 28, 29, e 30 de Marzo:

HORARIO: 10:00 a 14:00 pola mañán

                15:00 a 18:00 pola tarde.

DÍA: 31 de Marzo:

HORARIO: 10:00 a 14:00 pola mañán

A partires destas datas atenderase na oficina de ESPROAGRO, dende o día 3 ó 7 de abril ambos inclusive en horario de 9:00 a 14:00 horas.

ESPROAGRO ENXEÑERIA, S.L.

C/Rafael alberti, 3-1oC - A Coruña (enfrente a Novos Ministerios)

TELÉFONO: 981.174.185

Parcelaria: convocatoria para identificar os días 21 e 22 de marzo as propiedades de varios lugares de Fisteus

aviso parcelariaREESTRUTURACIÓN PARCELARIA DE FISTEUS

Ponse en coñecemento dos propietarios dos lugares de A Lagoa, Penarrubia, Os Couceiros, Os Campos, As Regas, Cencasas, A Hedreira, A Arada, A Insua, A Graña, Martiños, Boipardo, Vilarvello, As Merelas, O Pardiñeiro, Os Dodulfes e O Codeso con parcelas ubicadas en Solo de Núcleo Rural da zona de reestruturación parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña), que cada titular deberá identificar as súas propiedades co número de polígono e de parcela.

Para iso, deberán acudir ó local da Illana coa documentación das mesmas así como o C.E.A para todos aqueles propietarios que posúan explotación agrícola.

 

  • DÍA: 21 e 22 de Marzo.
  • HORARIOS: 10.00 h. a 14.00 horas pola mañán, e 15.00 h. a 18:00 horas pola tarde.

Datas para pasar a ITV dos turismos en Curtis e Teixeiro no mes de abril

itv abrilDatas nas que se achegará no mes de  abril a oficina móbil da ITV ao noso municipio para turismos:

CURTIS

Lugar: Nave xunto ao Campo da Feira

Día: 3 e 4 de abril

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas.

Día: 5 de abril

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

TEIXEIRO

Lugar: Xunto ao Pavillón Polideportivo

Día: 6 e 7 de abril

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas, e de 15.15 h. a 18.00 horas.

Día: 10 de abril

  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

PARA SOLICITAR CITA PREVIA

Telf.: 902 30 90 00
Web: www.sycitv.com

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

 

Aberta a inscrición para o Entroido de Curtis e Teixeiro, que premiará con vales de compra no comercio local

cartel copyO Concello de Curtis repartirá vales de compra entre os gañadores dos concursos de disfraces do Entroido 2017 que se celebrarán o martes, 28 de febreiro, en Curtis e Teixeiro.

Os premios, ademais de recoñecer a calidade e a orixinalidade dos disfraces, queren ser un apoio ao comercio local e por iso se incentivará o consumo nos establecementos comerciais e de hostalaría do municipio.

Para participar no concurso será obrigatoria a inscrición que se pechará o 22 de febreiro e, como en anos anteriores, os participantes que se anoten antes desa data recibirán un agasallo.

O Entroido celebrarase no salón do Recinto Feiral de Curtis e no pavillón municipal de Teixeiro, en ambas as localidades ás 17.00 horas.

BASES DO CONCURSO DE DISFRACES
'ENTROIDO 2017 DO CONCELLO DE CURTIS'

  1. O concurso celebrarase o vindeiro 28 de febreiro de 2017 nas festas de entroido programadas polo Concello en Curtis e en Teixeiro.
  2. Os participantes deben inscribirse ata o día 22 de febreiro de 2017 nas dependencias municipais para poder participar no concurso.
  3. Para inscribirse será necesario aportar nome, apelidos, idade e categoría na que se presentan.
  4. O xurado estará composto por varios membros alleos ao Concello.
  5. Establécense as seguintes categorías (tanto en Curtis como en Teixeiro):
  6. Concurso infantil (ata 16 anos)
    1° premio grupo: vale de compra de 100€
    1° premio individual: vale de compra de 50€
    2° premio individual: vale de compra de 50€
    3° premio individual: vale de compra de 50€
    Concurso maiores
    1° premio individual ou de grupo: vale de compra de 300€
    2° premio individual ou de grupo: vale de compra de 200€
    3° premio individual ou de grupo: vale de compra de 100€
  7. En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado o considera oportuno.
  8. Os premios deberán gastarse nos establecementos do Concello (comercio e hostalería).
  9. Os gañadores deberán porse en contacto co Concello antes de gastar os vales para saber se o establecemento colabora neste programa.
  10. Os persoas que non cumplan as presentes bases quedarán fóra de concurso.
  11. O Concello de Curtis reservase o dereito de darlle publicidade a este concurso a través dos medios que considere oportunos.
  12. A presentación a dito concurso supón a aceptación destas bases.

 

Datas en febreiro para pasar a ITV de vehículos agrícolas e ciclomotores

itv copyDatas nas que se achegará no mes de febreiro a oficina móbil da ITV ao noso municipio para ciclomotores e vehículos agrícolas:

AGRÍCOLAS

Teixeiro: xunto ao Pavillón Polideportivo

  • Día: 15 de febreiro.
  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.

CICLOMOTORES

Curtis: Nave xunto ao Campo da Feira

  • Día: 16 de febreiro.
  • Horario: De 9.00 h a 13.30 horas.


PARA SOLICITAR CITA PREVIA

Telf.: 902 30 90 00
Web: www.sycitv.com


NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.