UV BANNER Curtis 2023 web

O prazo de inscrición na Campaña de Esquí en Leitaregos finaliza o 23 de xaneiro

esqui 2017O Concello de Curtis dispón de tres prazas na Campaña de Esquí da Deputación de A Coruña, ás que poderán inscribirse os nenos e nenas nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006.

A actividade consistirá nunha estadía de cinco días na estación invernal de Leitariegos. O prezo será de 95 euros e inclúe o transporte, hotel e manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Os datos son os seguintes:

  • Prazas: 3 (se hai máis inscritos que prazas se realizará un sorteo)
  • Datas da estancia: do 5-3-17 ao 10-3-17
  • Prazo de inscrición: até o 23 deste mes de xaneiro (entregar soamente o díptico cuberto).

Consultade neste tríptico toda a información. Tamé está incluida a ficha para cubrir. pdf

 

'Aquí Galicia' percorrerá a riqueza patrimonial, natural, económica e gastronómica do municipio de Curtis

  • O primeiro programa do 2017 deste magazine da TVG emitirase o sábado, 7, desde Teixeiro e incluirá numerosas actuacións musicais e reportaxes.

aqui galicia 2017O primeiro programa 'Aquí Galicia' do 2017 emitirase este sábado, día 7 de xaneiro, desde a Praza de España, en Teixeiro, a partir das 16.00 horas.

O magazine emitirá varias reportaxes sobre o municipio de Curtis e a súa riqueza patrimonial, artística e natural, sobre os seus principais motores económicos, o polígono industrial e o sector gandeiro-lácteo, e sobre iniciativas que o Goberno local está a desenvolver como a campaña Concello Saudable ou as súas apostas ambientais.

Ademais, o programa fará un percorrido polas propostas gastronómicas elaboradas con produtos típicos do municipio (nabiza, queixo e cogomelos) e achegará ao espectador o labor que desenvolven as Escolas Deportivas Municipais, onde empezou Lucas Vázquez, xogador do Real Madrid que acaba de recibir o título de Embaixador do Concello de Curtis.

'Aquí Galicia' tamén incluirá numerosos directos e actuacións musicais de varios colectivos de municipios da comarca.

As Cabalgatas de Reis sairán ás 17.00 horas da Estación de Tren de Curtis e da Casa do Concello en Teixeiro

reyesO Concello de Curtis xa ten todo preparado para as Cabalgatas dos Reis Magos que percorrerán os pobos de Curtis e Teixeiro o xoves, día 5, a partir das 17.00 horas de maneira simultánea e que finalizarán, nos dous casos, coa recepción aos Magos de Oriente e cunha gran festa infantil.

Curtis: A comitiva dos Reis sairá desde a Estación de Tren e continuará pola Avenida Principal até chegar á Casa da Xuventude, e alí virará á esquerda cara a rúa Alcalde Espiñeira camiño do edificio Multiusos do Recinto Feiral de Curtis, onde se celebrará a recepción e a festa infantil.

Este ano, ademais, por primeira vez, os Reis, pouco antes de saír da estación de ferrocarril, farán unha parada no Centro de Día.

Teixeiro: Os Reis Magos partirán desde a Casa do Concello na Praza de España e seguirán por Sánchez Anido até á estación de tren. Despois percorrerán as rúas Doutor Martínez Pardo, Emigrantes e Faragullas até o pavillón polideportivo, onde se recibirá á comitiva e organizarase a festa para os nenos e nenas.

 

Datas en xaneiro para a ITV de ciclomotores e vehículos agrícolas

itvDatas nas que se achegará a oficina móbil da ITV ao noso municipio para ciclomotores e vehículos agrícolas:

CICLOMOTORES CURTIS: Nave da Feira

  • Día: 10 de xaneiro.
  • Horario: De 9:00 h a 13:30 horas.

AGRÍCOLAS CURTIS: Nave da Feira

  • Día: 17 de xaneiro.
  • Horario: De 9:00 h a 13:30 horas.

PARA SOLICITAR CITA PREVIA

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

 

Aberto o prazo para inscribirse no programa de termalismo do Imserso

termalismoAberto o prazo para participar no Programa de Termalismo do Imserso, que se desenvolverá en balnearios con distintos tratamentos termais.

Consultade nestes enlaces toda a información:

Lugar de presentación de solicitudes:

  • Servizos Sociais Comunitarios
  • Centros dependentes da Consellería de Política Social (centros sociocomunitarios, clubs da terceira idade, etc)
  • Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social

Descarga todas as indicacións en PDF:pdfProgramaTermalismo.pdf

Máis información: Servizos Sociais Concello de Curtis. Telf. 981789003

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.