UV BANNER Curtis 2023 web

O prazo de inscrición para os campamentos urbanos de agosto pecharase o 20 de xullo

campamento veran

O CIM (Centro de Información ás Mulleres) de Curtis abre o prazo de inscrición para os campamentos urbanos do mes de agosto para axudar na conciliación familiar. Entre outras actividades, nos campamentos desenvolveranse xogos cooperativos, contacontos e manualidades.

A data límite para anotar aos nenos/as, de 3 a 12 anos de idade, será o 20 de xullo.

 

 

Actividades: Manualidades, contacontos, xogos cooperativos...

  • Días: 1 ao 26 de agosto de 2016.
  • Horario: de 10.00 horas a 14.00 horas.
  • Lugares: Centro de Ocio Infantil de Curtis e Recinto Escolar de Teixeiro.

As prazas son limitadas. A participación neste programa é incompatible cos días que se imparten as “Actividades deportivas verán 2016” por coincidencia de horarios.

Colabora con estas activiades a Obra Social “La Caixa”.

 

Aberto o prazo de inscrición para os cursos municipais de natación, pádel e aquagym

curso piscina 2016

A área de Deportes do Concello de Curtis abriu o prazo para a inscrición nas actividades deportivas que se organizarán nas piscinas municipais durante os meses de xullo e agosto: cursos de natación, pádel e aquagym (ximnasia acuática).

A idade mínima para participar será de 5 anos (nacidos en 2012) en natación, e de 8 anos (nacidos en 2008) en pádel.

A inscrición, obrigatoria, poderase realizar na Casa do Concello en Teixeiro ou nas dependencias municipais no recinto da Feira Comarcal de Curtis.

Os prezos dos cursos son os seguintes:

  • Natación:12,41 €/ mes.
  • Aquagym: 12,41 € / mes.
  • Pádel: gratuíto.

 

O Campionato Galego e a III Carreira Popular de Curtis celebraranse o 2 de xullo

  • O prazo de inscrición para esta proba urbana estará aberto até o 1 de xullo.

carreira popular 2016A III Carreira Popular de Curtis e o Campionato Galego, no que se percorrerán cinco quilómetros en zona urbana, celebraranse o próximo día 2 de xullo, sábado. O Concello de Curtis, organizador do certame a través da concellaría de Deportes, manterá o prazo de inscrición aberto até o venres, 1 de xullo, ás 22.00 horas.

A proba, na que colaboran a Federación Galega de Atletismo, Deporte Galego e a Xunta, está deseñada por percorridos para as distintas idades dos corredores, establecidas por categorías. Para os máis pequenos, a categoría Pitufo, a distancia a percorrer será de 300 metros, que subirá a 500 para os Prebenxamíns, a un quilómetro para Benxamíns e Alevíns e a 2.500 metros para Infantís e Cadetes.

Na carreira dos 5 quilómetros en ruta, que estará homologada pola Real Federación Española de Atletismo e que percorrerá as principais rúas de Curtis, poderán participar as categorías Xuvenil e Junior, Promesa e Senior e Veteranos. Esta proba absoluta será á súa vez Campionato Galego.

Para consultar os percorridos, preme aquí.

 

Aberto o prazo até o 17 de xuño para a inscrición nos campamentos urbanos de verán

  • Organizaranse do 1 ao 29 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas.

Conciliacion 2016O CIM (Centro de Información ás Mulleres) de Curtis anuncia a apertura do prazo de inscrición para os campamentos urbanos de verán, nos que, entre outras actividades, desenvolveranse xogos cooperativos, contacontos e manualidades. A data límite para anotar aos nenos/as de 3 a 12 anos, será o 17 de xuño.

Os campamentos organizaranse do 1 ao 29 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas, no Centro de Ocio Infantil de Curtis e no Recinto Escolar de Teixeiro.

Esta iniciativa, coa que se quere axudar á conciliación familiar, conta coa colaboración da Obra Social da Caixa.

A participación no campamento serán incompatibles coas actividades deportivas de verán pola coincidencia de horarios.

Aberto o prazo de inscrición para a excursión a Baiona e Nigrán en xuño da terceira idade

excursion 2016A área de Benestar Social e Cultura do Concello de Curtis abriu hoxe o prazo para a inscrición á excursión ás localidades de Baiona e Nigrán para o colectivo da terceira idade. Será o próximo 17 de xuño.

Os interesados poderán anotarse até o 14 de xuño tanto na Casa do Concello, en Teixeiro (telf. 981 789 003) como na Oficina Municipal de Curtis (telf. 981 777 105).

O total de prazas será de 110, e adxudicaranse por orde de inscrición. O prezo é de 12,41€, que inclúe os traslados e a comida.

Para a inscrición será necesario presentar o carné da terceira idade.

 

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.