UV BANNER Curtis 2023 web

Reunións en Curtis e Teixeiro para explicar as posibilidades de investimento e emprendimiento no rural

cartelgdr 2016

  • Están previstas para o mércores, 25, ás 16.00 horas no Centro Etnográfico de Teixeiro e ás 21.00 horas no Recinto Feiral de Curtis.

Mañá, mércores, 25, organizaranse dúas reunións no concello de Curtis co fin de explicar a colectivos e veciños interesados as posibilidades de emprendimiento e de investimento que se poden desenvolver no municipio a través da súa integración no territorio do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural das Mariñas) e coas axudas do programa europeo Leader 2014-2020.

Nestas reunións, ademais da presentación dos programas, recolleranse as suxestións e propostas para o deseño dunha estratexia conxunta.

As liñas de actuación contemplan desde axudas á mellora da xestión do sector agrario, incluída a recuperación de cultivos locais, e á súa competitividade (cooperativismo, comercialización de produtos, etc.), así como ao fomento das explotacións forestais, a innovación e a transferencia de coñecemento no sector agrario e forestal e a mellora e conservación do medio ambiente. Ademais, impulsaranse proxectos que axuden á diversificación da economía e o emprego, ao fomento dun turismo sustentable, á mellora do patrimonio e a cultura e a impulsar servizos vinculados á mellora da calidade de vida do rural.

As reunións están fixadas ás 16.00 horas no Centro Etnográfico de Teixeiro e ás 21.00 horas no Recinto Feiral de Curtis.

A XVII Xuntanza dos Maiores celebrarase o 22 de maio en Teixeiro

xuntanzamaiores 2016O próximo 22 de maio, domingo, celebrarase a Xuntanza dos Maiores, que este ano alcanza a súa dezasete edición.

Como é xa tradición, a celebración desta homenaxe do Concello de Curtis aos veciños de máis idade rota cada ano entre as localidades de Curtis e Teixeiro, e nesta ocasión organizarase neste último pobo, no Pavillón Polideportivo, ás 14.00 horas.

Os veciños interesados en acudir deberán pasar a recoller a invitación na Casa Consistorial en Teixeiro ou ben nas instalacións municipais do Recinto Feiral de Curtis. O prazo pecharase o 13 de maio.

Para recoller a invitación deberase presentar o carné da Terceira Idade.

 

Amplíase ao 6 de abril o prazo de inscrición no curso para mulleres de coidado aos dependentes

cursomuller 2016O Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Curtis organiza un curso de administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes no domicilio destinado a mulleres inscritas como demandantes de emprego. O curso impartirase no Edificio Multiusos de Curtis do 11 de abril ao 10 de maio, de luns a venres, en horario de 10.00 h a 13.00 horas.

O prazo de inscrición á actividade formativa, de carácter gratuíta, amplíase ao 6 de abril. As prazas son limitadas.

A inscrición poderá realizarse no CIM, ubicado na Casa do Concello en Teixeiro (Telf. 981 789 003), ou na Oficina Municipal de Curtis (Telf. 981 777 105).

En la web www.curtis.gal, www.curtis.es y www.concellodecurtis.org utilizamos cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso y nuestra política de protección de datos. Mas información.