O Concello pide extremar a precaución en pontes e zonas inundables polas fortes choivas
O Concello de Curtis alerta das fortes choivas que caeron e seguirán a caer nas vindeiras horas e pide aos cidadáns, especialmente aos condutores, que extremen a precaución nas pontes e nas zonas próximas aos ríos porque existe risco de inundación.
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) xa procedeu á limpeza dalgunhas pontes. Lembrade que o teléfono de emerxencias é o 112