Publicación da designación a Antonio Fraga dunha dedicación exclusiva
Publicación da designación do concelleiro Antonio Fraga como cargo con dedicación exclusiva na Corporación Municipal.
A nova dedicación exclusiva créase debido á carga de traballo que suporán, entre outros temas, a presentación de ambiciosos proxectos a fondos europeos, a posta en marcha de novos servizos en solo empresarial e a potenciación do Polígono Industrial de Teixeiro, a elaboración e coordinación dos novos plans de mobilidade así como da estratexia ambiental e as relacionadas coa estratexia de promoción e prevención de saúde, as modificacións da PXOM, a elaboración do inventario municipal, a xestión do convenio de vivendas baleiras e a coordinación de todo a área de participación cidadá, á que se lle dará un novo impulso.
A dedicación asúmea o actual primeiro alcalde, Antonio Fraga, que estaba a levar nas últimas lexislaturas os temas relacionados co Medio Ambiente e Promocón Economía e Industrial.
O salario desta dedicación non suporá ningunha carga para as contas municipais cando termine a lexislatura.