Anuncio de audiencia sobre a ordenanza reguladora do depósito, carga e transporte da madeira de tala
O Concello de Curtis ten previsto derogar a actual Ordenanza Municipal reguladora de plantacións, cortas e extraccións de madeira que foi publicada definitivamente no BOP nº 135 de 17/07/2013, e aprobar unha nova Ordenanza Municipal reguladora do depósito, carga e transporte da madeira de tala.
En virtude do disposto no art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, abriuse un periodo de consulta pública ata o 17 de febreiro para recabar a oponión dos suxeitos e das organizacións reprsentativas potencialmente afectadas pola futura ordenanza.
Unha vez pasado dito prazo, procede publicar o borrador do texto e abrir un trámite de AUDIENCIA para os cidadás, organizacións ou asociacións afectados, no que poderán presentar as aportacións que estimen oportunas ata o día 3 de marzo de 2017.
Curtis, 21 de febreiro de 2017